InicioSucesosUn empresario vigués denuncia "ameazas e extorsións" para obrigalo a pagar uns...

Un empresario vigués denuncia “ameazas e extorsións” para obrigalo a pagar uns 400.000€

Hai 6 investigados.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Garda Civil investiga penalmente a seis persoas, tres residentes en Vigo e outro tres en Madrid, como presuntos autores dunha extorsión a un empresario do sector da pesca, ao que ameazaban e esixían o pago de 400.000 euros por unha suposta débeda.

Segundo informaron fontes do Instituto Armado, a investigación iniciouse en novembro de 2019, despois de que este empresario denunciase que estaba a ser obxecto de chantaxe e ameazas por negarse a pagarlle ao seu socio unha débeda que el aseguraba que era inexistente.

A vítima sinalou que os problemas comezaron cando os xulgados arquivaron varias demandas presentadas polo seu socio e por un avogado de Madrid, nas que lle reclamaban o pago desa débeda. A partir dese momento, denunciou, comezou a recibir mensaxes e avisos ameazantes a través de terceiras persoas, que lle advertían de “os serios riscos que correría a súa reputación profesional no sector empresarial se non cumpría co pago desa débeda”.

A Garda Civil puido identificar a eses ‘mediadores’, que resultaron ser dúas persoas afincadas en Madrid, unha delas relacionada co ámbito sindical e outra co mundo da comunicación. Estas dúas persoas, xunto ao socio do denunciante e o avogado, foron notificadas como investigadas penalmente por un suposto delito de extorsión.

Así mesmo, os investigadores localizaron a outras dúas persoas, dous veciños de Vigo, aos que atribúen o mesmo delito xa que, en nome do letrado, participarían activamente na chantaxe, ameazando ao empresario e á súa contorna para que satisfixese a suposta débeda. As dilixencias instruídos xa foron entregadas no Xulgado de Instrución número 8 de Vigo, onde deberán comparecer os investigados cando sexan requiridos para iso.

ÚLTIMAS

A praza baleira e a nosa débeda con Martínez Garrido

O outro día atopeime cunha imaxe tan chocante como reveladora: o busto do Rei...

O PP afea a Caballero que se acorde das familias “só en ano electoral” e pide recuperar as axudas para libros

O grupo municipal do PP en Vigo reclamou este martes ao goberno local que...

A falta de visibilidade en Peinador obriga a regresar a Madrid a un avión con destino Vigo

A falta de visibilidade obrigou a regresar a Madrid ao piloto do voo de...

‘Romaría’: Carla Simón viaxa á ría de Vigo para reconstruír o pasado dos seus pais

A cidade de Vigo acolle este martes a preestrea do filme 'Romaría' (a estrea...