InicioEconomíaO BNG pide un "programa piloto de orzamentos participativos" por un millón...

O BNG pide un “programa piloto de orzamentos participativos” por un millón de euros para 2021

Tras lembrar que este tipo de experiencias xa se puxeron en marcha noutras cidades e que "democracia non pode ser só votar cada catro anos, o concelleiro subliñou que unhas contas participativas permitirían garantir que se atenden as "necesidades reais" dos vigueses e non serían só os orzamentos "de Abel Caballero".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O BNG de Vigo propuxo este martes que o proxecto de orzamentos municipais para 2021 inclúa un “programa piloto de orzamentos participativos” dotado con, polo menos, un millón de euros, para que as contas da cidade garantan a atención ás “necesidades reais” dos veciños.

Así, o concelleiro nacionalista, Xabier Pérez Igrexas, sinalou que, ante a previsión de que haberá gran cantidade de recursos para investir no próximo exercicio (tras a liberación de remanentes e a suspensión de regras fiscais), “é o momento” de que Vigo conte cuns orzamentos nos que se teñan en conta “máis opinións que a do grupo municipal socialista”.

Segundo o edil do BNG, a cidade non se pode permitir volver ter unhas contas que só tiveron en conta a visión do goberno local, e “hai que incluír propostas e demandas do tecido asociativo”. A ese respecto, Xabier Pérez Igrexas demandou a posta en marcha dese programa piloto para que sexan os propios veciños e colectivos os que “decidan a que destinar eses recursos”.

Tras lembrar que este tipo de experiencias xa se puxeron en marcha noutras cidades e que “democracia non pode ser só votar cada catro anos, o concelleiro subliñou que unhas contas participativas permitirían garantir que se atenden as “necesidades reais” dos vigueses e non serían só os orzamentos “de Abel Caballero”.

ÚLTIMAS

Recollen xa o 75% do aceite de palma vertido no porto de Vigo

O dispositivo de limpeza posto en marcha tras o vertido duns 100.000 litros de...

A Fiscalía pide tres anos de prisión para un home acusado de estafar a unha muller cun falso anuncio de aluguer en Vigo

A Fiscalía solicita tres anos de prisión para un home acusado de estafar a...

O xurado considera culpable de asasinato ao autor do crime de Coia pero ve atenuantes e as acusacións rebaixan penas

O tribunal de xurado encargado de axuizar o chamado crime de Coia, en Vigo,...

O TSXG esíxelle ao Concello de Vigo que o Nadal non perturbe a tranquilidade dunha veciña

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ordenou a continuación da execución da...