InicioPolíticaA alcaldesa do Porriño declara este luns como investigada por suposta prevaricación...

A alcaldesa do Porriño declara este luns como investigada por suposta prevaricación en varios contratos

O xulgado investiga adxudicacións irregulares en servizos de roza e limpeza, entre outros.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A alcaldesa do Porriño, a socialista Eva García de la Torre, declarará este luns nos xulgados desta localidade, investigada por suposta prevaricación administrativa, segundo confirmaron fontes xudiciais.

Neste procedemento, que se segue no xulgado de instrución número 2 do Porriño, están tamén investigados o que foi edil de Vías e Obras, Manuel Carrera (do partido UDDL e antes no PP), un exconcelleiro socialista de Limpeza, Orlando Márquez, varios empresarios e dúas asesorías.

A investigación remóntase a varios anos atrás e, de feito, abríronse varios procedementos por diversas denuncias, entre elas algunhas do PP. As causas foron unificadas e investíganse supostas irregularidades na adxudicación de contratos para servizos como limpeza viaria, rozas e xardinaría, así como outros posibles delitos relacionados coa emisión de facturas por servizos ao Concello.

Así, a Fiscalía iniciou dilixencias de investigación por suposta contratación irregular de servizos de roza e limpeza viaria entre 2016 e 2017, e interpuxo denuncia. Con todo, tras meses de dilixencias (entre elas o interrogatorio á rexedora), en marzo deste ano o Ministerio Público solicitou ao xulgado ampliar o feitos obxecto de investigación ao exercicio de 2018.

Nese sentido, analízanse tamén outros posibles delitos, como a falsidade documental ou tráfico de influencias (un dos investigados figurou nas listas do partido UDDL, e tamén se investiga á súa muller, o seu irmán e a súa sobriña).

En próximos días, ademais da alcaldesa do Porriño, citouse a declarar a un empresario como investigado (Manuel Carrera e Orlando Márquez xa declararon) e a varias testemuñas, entre eles o secretario municipal e un exinterventor.

ÚLTIMAS

Buscan en Nova Zelandia a un mariñeiro galego que viaxaba a bordo dun palangreiro con base en Vigo

Efectivos de procura tratan de localizar a un mariñeiro galego, un xefe de máquinas...

Trasladada ao hospital con queimaduras unha veciña de Vigo tras un incendio na súa vivenda

Unha veciña de Vigo foi trasladada ao Hospital Álvaro Cunqueiro ao resultar ferida, con...

Vigo tomado por miles de “papanoeles” con fins solidarios

A tradicional "Papanoelada" de Vigo volveu a encher a cidade olívica de vehículos de...

Achan a 2 persoas falecidas en senllos pisos en Vigo, sendo necesaria a intervención dos bombeiros para abrir un

Dúas persoas foron achadas mortas na mañá deste venres en Vigo en senllos pisos...