InicioEconomíaA primeira fábrica galega de máscaras producirá 1,5 millóns de unidades de...

A primeira fábrica galega de máscaras producirá 1,5 millóns de unidades de FFP3 ao mes en Vigo

Xerará 30 postos de traballo directos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A primeira fábrica galega de máscaras para Equipos de Protección Individual (EPI) producirá 1,5 millóns de unidades de FFP3 ao mes en Vigo, onde xerará 30 postos de traballo directos.

Segundo trasladaron fontes da factoría, as probas realizadas mostraron que estas máscaras presentan “un nivel de protección superior ao 99 por cento tanto en entrada como en saída“, polo que se comercializarán como FPP3. En concreto, foron certificadas de acordo coa norma EN149:2001+A1:20009 de dispositivos de protección respiratoria.

Esta iniciativa foi posta en marcha para dar resposta á demanda de equipos de protección de calidade e ante a elevada presenza de máscaras carentes de homologación presentes no mercado.

Ademais, este proxecto busca “evitar a excesiva dependencia doutros países” para abastecerse destes dispositivos de protección respiratoria. Así, aspírase a contribuír á redución da propagación da COVID-19 mediante o abastecemento de máscaras certificadas en España “coa maior protección” e reducir a dependencia estranxeira deste material.

Neste momento, as máscaras que se producirán atópanse na última fase de homologacións pendentes da recepción do certificado da Unión Europea (UE).

A posta en marcha desta factoría permitirá crear 30 postos de traballo directos e supón un investimento de 600.000 euros en maquinaria e materias primas. Os responsables da fabricación dos produtos serán Manuel Novoa e Juan Novoa, mentres que Miguel Gómez e Xullo Vermello ocuparanse da xestión da área comercial.

Galmask estará composta pola empresa viguesa de fabricación automatizada I-LEVER e unha compañía de Santiago de Compostela que asumirá a comercialización das máscaras, Dismark Products. Deste xeito, as unidades de FPP3 que se fabricarán destinaranse a España e os máis de 30 países nos que Dismark Products conta con canles de distribución e almacéns loxísticos.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...