InicioVigo e contornaVigoVigo acollerá unha nova manifestación en solidariedade con Palestina

Vigo acollerá unha nova manifestación en solidariedade con Palestina

A concentración súmase ás previstas en A Guarda e Pontevedra para a tarde deste xoves 24.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Vigo albergará, de novo, unha concentración en solidariedade con palestina. Terá lugar na Praza da Princesa ás 20:00 horas deste xoves baixo o nome “Galiza con Palestina” e virá artellada da man do Centro Social Revolta. De xeito simultáneo á mobilización de Vigo terá lugar outra concentración no municipio da Guarda -na Praza do Reloxo- e, media hora máis tarde, na Praza da Peregrina de Pontevedra.

O obxectivo destas mobilizacións, que nun principio ían abranguer vilas das 4 provincias pero tiveron que ser recortadas, é reforzar os sentimentos de “solidariedade” de cara ó pobo palestino, vítima das “bombas do estado sionista de Israel”, destacan os convocantes. “Os bombardeos encadean máis de dúas semanas de terror para a poboación”, explican.

Tal e como sinalan nun comunicado que recolle as bases da mobilización, este pretende ser un acto de repulsa contra os “asasinatos” perpetrados polo Goberno de Netanyahu, que estaría a deixar “sen auga nin electricidade” á poboación palestina para “sumila na máis absoluta das incertezas cada noite e cada día”. Fronte a esta circunstancia, e en repulsa ós acordos entre Israel e administración Trump, a mobilización pretende servir como unha condena ós actos do goberno israelí nunha etapa na que “escasean” as mostras de solidariedade con Palestina.

ÚLTIMAS

A Plataforma fronte á Masificación Turística pide unha moratoria de licenzas para VUT

A Plataforma fronte á Masificación Turística de Vigo e O Morrazo dirixiuse por carta...

O PP de Vigo pide a Caballero que deixe as “ambigüidades” sobre a biblioteca de Teis

O grupo municipal do PP no Concello de Vigo esixiu ao alcalde, Abel Caballero,...

O BNG volve pedir a retirada do busto de Juan Carlos I da entrada do Concello de Vigo

O BNG de Vigo volveu a reclamar este luns a retirada "permanente e definitiva"...

Detido en Vigo por ameazar cun coitelo a outro home durante unha pelexa

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 25 anos de...