InicioSociedadeAprobada a prórroga entre Xunta e concellos da área de Vigo para...

Aprobada a prórroga entre Xunta e concellos da área de Vigo para o plan de transporte metropolitano

A Xunta achegará 1,2 millóns de euros dos 1,5 que se destinarán ao servizo. Mentres, a cantidade restante será asumida polos municipios adheridos ao plan.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta e os 12 concellos da área de Vigo integrados no plan de transporte metropolitano da zona aprobaron por unanimidade prorrogalo por un ano por 1,5 millóns de euros nun encontro celebrado na cidade olívica este martes.

Así o detallou tras a reunión a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, quen precisou que o Goberno galego achegará 1,2 millóns de euros dos 1,5 que se destinarán ao servizo. Mentres, a cantidade restante será asumida polos municipios adheridos ao plan.

A este respecto, a titular autonómica de Infraestruturas e Mobilidade concretou que a achega do Executivo galego repesenta un 85% do custo total fronte ao 15% que se reparte entre os 12 municipios integrados. Así, puxo como exemplo o último ano liquidado, cando a Xunta achegou 1,48 millóns de euros e os 12 concellos 264.000 euros.

Deste xeito, Ethel Vázquez indicou que no encontro valorouse o funcionamento deste programa desde a súa posta en marcha hai cinco anos e destacou que neste período bonificáronse 15 millóns de viaxes que supuxeron un aforro de 7 millóns de euros aos usuarios.

Así mesmo, a responsable autonómica de Infraestruturas e Mobilidade explicou que case 87.000 residentes na área olívica dispoñen do cartón de transporte metropolitano cuxa variante para menores de 21 anos permite que os traxectos sexan gratuítos para 16.600 mozos.

Ademais, Ethel Vázquez estimou que a adhesión do Concello de Vigo ao plan permitiría aumentar o aforro anual dun usuario habitual en 300 e 400 euros, así como que, por exemplo, o custo de traxectos entre Vigo e Baiona reducísese en máis dun 20%.

Adicionalmente, a conselleira lembrou que, como particularidade, o transporte metropolitano desta área inclúe os desprazamentos de ría entre Vigo e Cangas e Moaña, que representan máis do 40% das viaxes bonificadas.

ÚLTIMAS

Falece Seve, figura esencial da cultura popular e musical do Porriño e comarca

A comarca do Condado e da Louriña amenceu hoxe envolta nunha fonda tristura tras...

Un home de 67 anos, ferido grave tras ser atropelado por un bus urbano

Un home, M.Z.A. de 67 anos de idade, resultou ferido grave na tarde deste...

O PP de Vigo critica que Samil continúe sen Bandeira Azul mentres Caballero asegura que a recuperará no extremo norte

O grupo municipal do PP de Vigo lamentou este venres que a emblemática praia...

A Universidade de Vigo crea unha cátedra con BorgWarner para reforzar a formación tecnolóxica e a captación de talento

A Universidade de Vigo e a empresa BorgWarner Emissions Systems Spain formalizaron este venres...