InicioSociedadeMarea de Vigo alerta do "perigo" de adxudicar o Servizo de Axuda...

Marea de Vigo alerta do “perigo” de adxudicar o Servizo de Axuda no Fogar a unha empresa do grupo DomusVi

Pide avanzar na municipalización deste servizo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O grupo municipal Marea de Vigo alertou este venres do “perigo” que pode supor adxudicar o Servizo de Axuda no Fogar do Concello olívica a unha empresa como Servisar, do grupo DomusVi.

Segundo trasladou este grupo, DomusVi é unha empresa “tristemente destacada por precarizar os coidados para optimizar o seu negocio”, e advertiu dos problemas que podería haber se se fai con ese servizo (no proceso de licitación é a que ten máis puntos, por enriba da actual concesionaria, Clece).

A concelleira de Marea, Oriana Méndez, insistiu e que “se hai negocio, non hai coidados”, e reiterou a necesidade de avanzar na municipalización dese servizo, e de garantir “unhas condicións dignas no traballo esencial dos coidados”.

Segundo lembrou, a xestión de Clece xa “presentaba moitas dúbidas”, pero unha concesión ao grupo DomusVi “cando aínda estamos en plena pandemia” resulta “verdadeiramente preocupante”. “DomusVi representa un claro exemplo de mercantilización do dereito aos coidados”, sinalou Méndez.

Finalmente, Marea de Vigo denunciou a “chantaxe” que as empresas de servizos exercen nos concellos, condicionando prezos e “inflándoos” coa “escusa da aplicación dos protocolos da COVID”, polo que repetiu que o Concello debe asumir a xestión pública dos servizos sociais.

ÚLTIMAS

Piden case 7 anos de cárcere para unha muller acusada de encerrar e maltratar o fillo adolescente da súa parella en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá o mércores unha vista preliminar...

O BNG de Vigo propón subir ata un 150 % o IBI para grandes propietarios con vivendas baleiras

O BNG de Vigo propoñerá duplicar o recargo do imposto sobre bens inmobles (IBI)...

Afectados polo PIA do Ofimático de Vigo piden á Xunta que paralice a “trampa” das expropiacións

Afectados o Proxecto de Interese Autonómico (PIA) do Ofimático e Santa Cristina de Vigo...

Roubo “sacrílego” de cálices, copones, patenas e unha xerra nunha igrexa de Nigrán

A Diocese de Tui-Vigo lamentou o roubo rexistrado o pasado mércores na igrexa de...