InicioPolíticaO PPdeG esixe a Abel Caballero que se disculpe por fracasar a...

O PPdeG esixe a Abel Caballero que se disculpe por fracasar a “confiscación” de fondos municipais

"Debería reconsiderar se é a persoa adecuada para estar á fronte da FEMP", concluíu o secretario xeral do PPdeG Miguel Tellado.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O secretario xeral do PPdeG esixiu “unha desculpa” ao alcalde Vigo, Abel Caballero, ao consideralo “outro derrotado”, como presidente da federación española de municipios e provincias (FEMP), do fracaso do decreto de “confiscación” de fondos municipais.

Tras esta “histórica derrota do Goberno socialista”, nunha votación que en opinión dos populares galegos “demostra nula capacidade de negociación e soberbia”, Tellado concluíu que o “outro derrotado aquí, en Galicia, non é outro que o señor Abel Caballero”.

Así, lamentou que Pedro Sánchez pasou “do non é non ao si porque si” e aliñou a Abel Caballero na intención de “confiscar” o superávit dos concellos, co que “conseguiu romper o consenso no seo da FEMP”.

En dous meses, segundo criticou, “pasou de defender que os concellos debían xestionar libremente o seu superávit a defender que eses aforros debían pasar a mans do Goberno central“.

Por iso, a xuízo do secretario xeral do PPdeG, o rexedor vigués “débelle unha desculpa” aos alcaldes aos que “tentou enganar”, ao “municipalismo que traizoou antepondo a militancia ás súas obrigacións” e “aos vigueses porque traizoou o seu mandato de servir á súa cidade e serviuse do seu cargo de alcalde para ser fiel vasallo de Sánchez”.

“MAN TENDIDA”

“Debería reconsiderar se é a persoa adecuada para estar á fronte da FEMP”, concluíu Miguel Tellado, nunha rolda de prensa que convocou para falar do inicio do curso político e ofrecer “a man tendida” aos grupos da oposición co obxectivo de que haxa “entendemento” nas medidas para facer fronte á pandemia da covid-19.

En todo caso, o secretario xeral do PP galego instou ao PSOE galego a “que antepoña os intereses de Galicia por encima dos do seu propio partido” e animoulle a que “cando teña que elixir entre Pedro Sánchez e Galicia, elixa Galicia”, mentres que ao Bloque demandoulle “que renuncie a posturas extremistas, rupturistas e maximalistas”.

ÚLTIMAS

A Terra terá unha “segunda lúa” durante dous meses

A finais de setembro de 2024, a Terra contará cunha “segunda lúa” temporalmente. Trátase...

SOS Sanidade Pública esixe “responsabilidades políticas” e que se rescate para o público a concesión do Cunqueiro

A Plataforma SOS Sanidade Pública da área de Vigo esixiu "responsabilidades políticas" aos culpables...

O mar como laboratorio: Galicia e Cantábrico no foco da investigación pesqueira

O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e o Instituto Español de Oceanografía (IEO)...

As fortes choivas poden provocar deslizamentos de terras nas zonas afectadas polos lumes

Portugal e Galicia ollan con esperanza e medo a chegada das choivas dos próximos...