InicioEconomíaA hostalaría concéntrase para reclamar medidas de apoio ante a "perda" de...

A hostalaría concéntrase para reclamar medidas de apoio ante a “perda” de miles de postos de traballo

Fontes do sector estiman que un 40% dos traballadores do eido quedarán na rúa.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O presidente da Federación Provincial de Empresarios de Hostalaría de Pontevedra, César Ballesteros, estimou que a crise derivada da pandemia levou unha redución dun 40% no emprego no sector a nivel autonómico, así como que o lecer nocturno foi o máis afectado. Así se pronunciou tras participar nun paro de 10 minutos convocado a nivel estatal e unha concentración realizada en Vigo de modo simultáneo á que tivo lugar en Madrid para pedir medidas de apoio ao sector. A Coruña tamén acolleu un acto similar na mañá deste mércores.

Baixo a lema ‘Salvemos a hostalaría’, decenas de persoas congregáronse ante a Praza da Constitución de Vigo con pancartas con mensaxes como ‘Só queremos xustiza. Só queremos traballar’ e ‘Os bares de copas perden entre 5.000 e 25.000 euros ao mes’.Neste contexto, Ballesteros remarcou que o peche do lecer nocturno está a xerar novas formas de relacionarse non seguras, como reunións de amigos en contornas familiares.

Con todo, o presidente da federación provincial de hostaleiros incidiu en que os establecementos poden garantir o cumprimento das medidas de seguridade, polo que chamou ás autoridades a pór o foco no control das festas privadas. Ademais, criticou que se pechou o lecer nocturno na zona equiparándoo co doutras partes do país a pesar de que, ao seu xuízo, nos locais da provincia de Pontevedra as medidas de seguridade atópanse controladas.

Do mesmo xeito, asegurou que esta situación debe levar compensacións para o sector dado que o peche foi decretado “sen un motivo claro”. Neste sentido, o representante da Asociación de Lecer Nocturno en Vigo, Carlos Veleiro, afirmou que a maior parte dos establecementos da cidade axustáronse ás medidas establecidas e destacou que non se rexistraron contagios en locais regulados da cidade.

 

ÚLTIMAS

O xefe de equipo rompe a chorar no xuízo polo operario morto en Cardama: “Lévoo cargando estes anos”

O xefe de equipo do estaleiro Cardama, un dos acusados pola morte dun operario...

Paus, tubos, ferros e cadeiras… así foi a batalla campal entre siareiros do Celta e do Olimpique de Lyon

O Real Club Celta condenou os incidentes violentos ocorridos nas últimas horas na cidade,...

The Corrs actuarán en Vigo o 11 de agosto en Castrelos

A banda irlandesa The Corrs actuará no auditorio de Castrelos de Vigo o próximo...

O PP e o BNG de Vigo esixen mobilizar 60 millóns de remanentes para vivenda e servizos sociais

O Partido Popular e o BNG de Vigo coincidiron este mércores en demandar unha...