InicioSociedadeDetido en Vigo tras negarse a poñerse a máscara e agredir a...

Detido en Vigo tras negarse a poñerse a máscara e agredir a un axente

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 49 anos de idade, R.A.A.E., tras negarse a poñerse a máscara, causar desfeitas nun bar e agredir a un dos axentes que interveu na súa identificación.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron na noite do pasado mércores, cando este home entrou nunha cafetaría da rúa Urzáiz. Alí, mentres esperaba a ser servido, quitou a máscara e comezou a molestar a outros clientes do establecemento.

O persoal pediulle que se puxese a máscara e que abandonase o local, pero o home dirixiuse ao baño, comezou a esnaquizar as tapas dos inodoros e, cunha delas na man, saíu de novo ao local. O home foi expulsado do bar pero quedou na porta, ameazando a traballadores e clientes, e sen levar posta a máscara.

Cando os axentes de Policía chegaron, identificárono e informáronlle de que sería proposto para sanción por non levar a máscara e por non respectar a distancia de seguridade. Nese momento, empuxou violentamente a un dos funcionarios e tratou de golpealo, polo que foi reducido e detido por un suposto delito de atentado contra axente da autoridade.

ÚLTIMAS

Caballero levará de novo ao pleno a proposta para que Xunta e Deputación financien voos desde Vigo

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Goberno municipal volverá presentar unha...

Flor Baena reclama ao Concello de Vigo unha homenaxe oficial ao seu irmán Xosé Humberto

Flor Baena, irmá do vigués Xosé Humberto Baena Alonso, reclamou ao Concello de Vigo...

A viguesa Vanessa Glemsel compite este sábado polo Premio Nacional de Poesía Viva

A poeta viguesa Vanessa Ferreira Rodríguez, coñecida artisticamente como Vanessa Glemsel, participará este sábado na...

As familias do EEI Vila Laura saen á rúa para esixir á Xunta unha profesora de apoio

Nais e pais, docentes e alumnos do EEI Vila Laura de Vigo saíron este...