InicioSociedade30.000 euros para a mellora da senda botánica e o parque infantil...

30.000 euros para a mellora da senda botánica e o parque infantil do Monte Aloia

O Monte Aloia, declarado parque natural en 1978 conta cun Plan Reitor de Usos e Xestión aprobado a principios deste ano, que ten como reto ampliar a protección e convertelo nun exemplo de xestión da auga e dos hábitats asociados.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda adxudicou por 30.000 euros as obras de acondicionamento e mellora da senda botánica e o parque infantil de Circos, no parque natural do Monte Aloia de Tui.

Así o trasladou a conselleira en funcións, Ángeles Vázquez, nunha visita ao parque este mércores, na que detallou que se colocará nova sinalización e carteis informativos sobre as diferentes especies, ampliarase o percorrido do paseo botánico e mellorarase o firme. Na zona infantil crearanse novos espazos e xogos, así como un circuíto biosaludable.

Estas actuacións, cuxo prazo de execución é de tres meses, servirán para complementar outros traballos de conservación que xa se están levando a cabo no parque (o primeiro declarado parque natural en Galicia), para restauración e adecuación doutros espazos.

Ademais desas obras, a Consellería adxudicou un contrato para a realización de campañas de divulgación, promoción do turismo de natureza sustentable e educación ambiental neste parque.

A actuación, confinancida nun 80 por cento a través de fondos europeos, pretende que se poida dispor dun servizo de atención ao público e de sensibilización, na Casa Forestal Enxeñeiro Areses, ademais de facer un labor de divulgación deste espazo.

PARQUE NATURAL DESDE 1978

O Monte Aloia, declarado parque natural en 1978 conta cun Plan Reitor de Usos e Xestión aprobado a principios deste ano, que ten como reto ampliar a protección e convertelo nun exemplo de xestión da auga e dos hábitats asociados.

Ademais deste atractivo, este parque destaca polo seu modelo de explotación silvícola do monte comunal, compatible coa conservación da biodiversidade.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá o Congreso Internacional de Enxeñaría Naval en 2027

A 66ª edición do Congreso Internacional de Enxeñaría Naval celebrarase en Vigo en 2027,...

Deteñen un mozo de 22 anos con catro ordes de procura

A Policía Local de Vigo detivo este pasado xoves a un mozo, de 22...

O BNG chama a manifestarse o 30 de maio en Vigo ante a presenza dos reis polo desfile das forzas armadas

O BNG presentou este venres na súa sede comarcal de Ferrol a campaña 'Na...

A EFCA incrementa preto dun 5% as súas inspeccións en 2025, con 5.000 infraccións

A Axencia Europea de Control da Pesca (EFCA, polas súas siglas en inglés), con...