InicioSociedadeDous trens Celta entre Vigo e Porto funcionarán a partir deste domingo

Dous trens Celta entre Vigo e Porto funcionarán a partir deste domingo

O 2 de xullo de 2013, froito do acordo entre España e Portugal comenzaron por primeira vez os trens directos entre Vigo e O Porto sen paradas intermedias.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Renfe e Comboios de Portugal recuperan a partir deste domingo, 16 de agosto, dous trens Celta, un de ida e outro de volta, entre Vigo e O Porto.

Segundo informa Renfe nun comunicado, esta oferta “ampliarase gradualmente a medida que se vaian recuperando os índices de demanda”.

Así, o de Vigo-Guixar con destino ao Porto sairá ás 8,58 horas (hora española) e chegará ás 10,20 horas (hora portuguesa).

O do Porto sae ás 8,13 horas (hora portuguesa) e chega ás 11,35 horas (horas española).

O 2 de xullo de 2013, froito do acordo entre España e Portugal comenzaron por primeira vez os trens directos entre Vigo e O Porto sen paradas intermedias. Ambas as cidades están conectadas en dúas horas e20 minutos aproximadamente.

Posteriormente, en xullo de 2014 estes trens realizan ademais paradas comerciais en Valença, Viana do Castelo e Nine.

ÚLTIMAS

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

Patrimonio autoriza a humanización do tramo máis próximo ao ascensor Halo da rúa Serafín Avendaño de Vigo

A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, dependente da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude,...

GKN Driveline Vigo rebaixa a 50 os afectados polo ERE, pero a CIG convoca unha folga de sete días

A auxiliar de automoción GKN Driveline Vigo reduciu de 75 a 50 o número...

Suspendido o transporte de ría en Vigo polas malas condicións meteorolóxicas

As navieras que operan as liñas de transporte na ría de Vigo, entre o...