InicioEconomíaO comité de folga dos bombeiros de Vigo interpoñen unha denuncia pola...

O comité de folga dos bombeiros de Vigo interpoñen unha denuncia pola “ilegal suspensión dos descansos”

Advirte de que as vacacións dos efectivos agravan a situación e reclama a cobertura inmediata das vacantes

PUBLICADO O

- Advertisement -

O comité de folga dos bombeiros de Vigo denunciou este venres ante o Xulgado do Penal número 1 da cidade a “ilegal suspensión dos descansos regulamentarios” destes efectivos a través dun decreto municipal de febreiro de 2019.

Así, presentouse esta denuncia ante supostos delitos de prevaricación activa, prevaricación omisiva, contra a saúde laboral e contra os dereitos colectivos laborais recoñecidos polas normas estatutarias da función pública.

Precisamente, o mes pasado, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) desestimou dous recursos do Concello de Vigo contra as sentenzas que anulaban o decreto municipal mediante o que se suspendían os descansos do persoal de bombeiros, e validou o contido das mesmas. Este decreto fora denunciado previamente nos tribunais polos sindicatos CUT e CIG, convocantes da folga indefinida dos efectivos que permanece vixente desde hai un ano.

Deste xeito, o comité de folga acusou ao goberno local de aplicar este decreto a pesar de “ser consciente” dos perxuízos e os riscos psicofísicos que causa ao colectivo “a imposición dun réxime inhumano de reforzos e de suspensión de descansos”.

De feito, afirmou que esta medida foi adoptada por “puro voluntarismo” das autoridades municipais a pesar de carecer de “sustento legal de ningunha orde” e como “represalia ás lexítimas reclamacións” realizadas polos representantes dos traballadores para que se dotase de máis persoal ao servizo.

En declaracións aos medios antes de presentar a denuncia, o portavoz do comité de folga e delegado da CIG, Miguel Uclés, explicou que a presentación da primeira denuncia penal foi motivada pola “situación de escravitude” imposta polo goberno local mediante ese decreto.

“FALTA DE INTERLOCUCIÓN”

Nesta liña, Uclés recalcou que o colectivo tentou buscar solucións ao reunirse coa concelleira de Seguridade, Elena Espinosa, pero reprobou a súa “falta de interlocución”. Por iso, advertiu de que a “burocracia” que “utiliza” o goberno local para non abordar esta situación “pon en risco á cidadanía de Vigo”.

Tamén considerou “fundamental” a interposición da denuncia para que se diriman responsabilidades e indicou que se basea na “irresponsabilidade evidente sobre a seguridade dos traballadores e os dereitos laborais” por parte do goberno local.

ÚLTIMAS

Caballero levará de novo ao pleno a proposta para que Xunta e Deputación financien voos desde Vigo

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Goberno municipal volverá presentar unha...

Flor Baena reclama ao Concello de Vigo unha homenaxe oficial ao seu irmán Xosé Humberto

Flor Baena, irmá do vigués Xosé Humberto Baena Alonso, reclamou ao Concello de Vigo...

A viguesa Vanessa Glemsel compite este sábado polo Premio Nacional de Poesía Viva

A poeta viguesa Vanessa Ferreira Rodríguez, coñecida artisticamente como Vanessa Glemsel, participará este sábado na...

As familias do EEI Vila Laura saen á rúa para esixir á Xunta unha profesora de apoio

Nais e pais, docentes e alumnos do EEI Vila Laura de Vigo saíron este...