InicioSucesosInvestigan o apuñalamento a un home en Vigo cando discutía coa súa...

Investigan o apuñalamento a un home en Vigo cando discutía coa súa parella na vía pública

O home relatou que foi atacado por un grupo de tres persoas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Local de Vigo investiga o apuñalamento dun home, A.M.E., de 37 anos de idade e natural de Oviedo, cando se atopaba discutindo na vía pública coa súa parella.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron na madrugada deste venres, cando o 092 recibiu un aviso de que se estaba producindo un altercado na rúa, no barrio de Casabranca, e que un dos implicados portaba unha arma branca.

Unha dotación policial dirixiuse ao lugar e, cando estaban á altura da rúa México, observaron a un home que sangraba por un costado e que camiñaba de forma apresurada.

Os axentes déronlle o alto para identificalo, e axudarlle a tapoar a ferida. O home relatou que fora atacado por un grupo de tres persoas cando se atopaba na vía pública discutindo coa súa parella; segundo sinalou, non coñecía de nada os outros tres homes e tampouco sabía precisar quen deles lle atacou cunha arma branca.

Os axentes tamén se entrevistaron coa parella do ferido, que corroborou que tivera unha discusión con el porque chegara tarde de pescar. Cando estaban rifando, tres individuos saíron dun portal e un deles propinoulle unha puñada á súa parella, xerándose un altercado, que acabou co seu apuñalamento, pero sen poder precisar quen fora o autor.

Outra dotación da Policía Local conseguiu localizar a unha testemuña dos feitos, que explicou que vira saír a tres homes dun edificio e increpar a outro que lle estaba gritando a unha muller.

Con toda esa información, os axentes presentáronse no edificio do que saíran os sospeitosos e chamaron a unha vivenda da segunda planta, en cuxo portal podían apreciarse pingas de sangue.

Un home abriulles a porta e confirmou que dous coñecidos seus baixaran ao portal ao escoitar berros e tiveran un incidente cun home que se estaba pelexando coa súa parella. Este home achegou reseñas dos seus amigos, pero asegurou que el non estivera implicado na disputa.

Mentres, o home ferido foi trasladado en ambulancia ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, e as dilixencias policiais postas a disposición do xulgado.

ÚLTIMAS

PP e BNG emendan a ordenanza das Zonas de Baixas Emisións de Vigo: uns piden atrasar multas e outros devolver o texto

Os grupos municipais da oposición no Concello de Vigo presentaron as súas emendas ao...

Tres detidos por abandonar a un home ferido nunha cuneta en Moaña

A Policía Nacional detivo nas últimas horas a tres persoas supostamente relacionadas coa aparición...

Un SMS falso acaba nunha estafa de 140.000 euros. Así é a estafa intervida pola Garda Civil no Porriño

O Equipo de Investigación Tecnolóxica da Unidade Orgánica de Policía Xudicial da Comandancia da...

O persoal do lixo de Vigo convoca folga indefinida a partir do 24 de maio

O comité de persoal de FCC (CIG, CC.OO. e USO), concesionaria do servizo de...