InicioSociedadeA Xunta entrega novas unidades de material de protección para campamentos infantís...

A Xunta entrega novas unidades de material de protección para campamentos infantís e centros sociais da área de Vigo

Ten como obxectivo reforzar a seguridade durante o verán.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta entregou esta semana máis de 76.870 novas unidades de material de protección destinadas a campamentos infantís programados polo Goberno galego e centros de día de iniciativa social da área de Vigo co obxectivo de reforzar a súa seguridade.

A través dun comunicado, o Executivo autonómico detallou que o envío, destinado a 77 centros, estivo composto por 44.300 luvas, 31.978 máscaras, 154 batas e 66 pantallas de protección e distintos produtos de desinfección.

CASE UN MILLÓN DE UNIDADES

Deste xeito, o volume de unidades entregadas desde o inicio da propagación da pandemia a 128 centros sociais da área territorial de Vigo ascenderon a 963.905. Así, enviáronse 479.790 luvas, 408.620 máscaras, 20.918 traxes e batas, 55.877 pantallas, gorros e calzas e 5.359 unidades de produtos de desinfección e limpeza.

En concreto, este material foi proporcionado a centros de atención á discapacidade, igualdade, inclusión, de maiores, menores e mocidade, así como ao Centro de Educación Ambiental O Kirico de Fornelos de Montes (Pontevedra), que acollerá campamentos de verán desde o próximo 19 de xullo.

ÚLTIMAS

Falece un traballador en Mos tras caer desde altura na parroquia de Sanguiñeda

Un traballador faleceu este mércores no municipio pontevedrés de Mos tras precipitarse ao baleiro...

Vigo traslada a gala da Reconquista ao Auditorio Mar de Vigo para ampliar o aforamento

O Concello de Vigo ultima os preparativos para a gala da Reconquista, que se...

O Celta busca un talismán contra o Real Madrid; a camisola celeste que luciu Madonna no 1990

O Real Club Celta puxo en marcha unha rechamante iniciativa co fin de localizar...

Aqualia confirma metais pesados na auga da traída municipal da parroquia de Beade, en Vigo

A Xunta de Galicia notificou ao Concello de Vigo e á empresa concesionaria Aqualia...