InicioPolíticaO BNG quere sacar a estatua do rei emérito do Concello e...

O BNG quere sacar a estatua do rei emérito do Concello e renomear a Praza do Rei

Tamén piden eliminar as imaxes do monarca dos edificios municipais en rexeitamento ó comportamentos "presuntamente corruptos e inmorais" do rei emérito.

PUBLICADO O

- Advertisement -

BNG levará esta semana ao pleno do Concello de Vigo unha moción para instar o goberno local a que retire o busto do Rei emérito da entrada do consistorio, así como para eliminar as imaxes de Juan Carlos I dos edificios municipais e iniciar os trámites para modificar o nome da Praza do Rei.

Segundo trasladou o edil nacionalista, Xabier Pérez Igrexas, os comportamentos “presuntamente corruptos e inmorais” que “envolven” ao pai do actual monarca “o único que merecen é o reproche e o rexeitamento democrático”. “Xa o demostramos milleiros de vigueses en plena pandemia, coa impresionante cacerolada do 18 de marzo”, apostilou.

“FORMA DE ESTADO REPUBLICANA”

Pérez Igrexas subliñou que”é inconcibible que, en pleno século XXI, a xefatura do Estado sexa asumida só por razón de sangue, de nacemento”, e fixo alusión a proxeccións demoscópicas que sinalan que “6 de cada 10 vigueses son partidarios de retirar o retrato de Juan Carlos I dos edificios públicos”.

“E somos maioría os que nos decantamos por apostar por unha forma de Estado republicana, fronte a unha monarquía anacrónica, inconsistente e insustentable, nun momento histórico como o que vivimos”, incidiu.

O concelleiro do BNG apuntou que a retirada do busto ou o cambio de nome da praza que hai fronte ao Concello son “unha cuestión simbólica, pero enormemente importante”, e insistiu en que os comportamentos que se atribúen supostamente a Juan Carlos I, como o “comisionismo ilegal”, supoñen unha conduta “nada exemplar”, que “require unha resposta institucional“.

ÚLTIMAS

Detido en Vigo un home por dous ataques consecutivos á Policía Local nun só día

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un cidadán estranxeiro, A.M., de 30...

Detido en Vigo con haxix, cocaína e máis de 1.300 euros en efectivo

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 44 anos de...

Vigo declara deserta a licitación do mercadillo de Nadal

O Concello de Vigo declarou "deserta" a licitación para a instalación do mercadillo do...

Concello e UVigo asinan un convenio para traballar na candidatura das Cíes a Xeoparque da Unesco

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o reitor da Universidade de Vigo (UVigo), Manuel Reigosa, asinaron...