InicioPolíticaO Concello de Vigo recorre a orde da Xunta que regula subvencións...

O Concello de Vigo recorre a orde da Xunta que regula subvencións a programas de emprego

Abel Caballero tratará a creación dunha Biblioteca de Estado en Vigo co ministro de Cultura e Deporte.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Vigo anunciou que interporá recurso contencioso-administrativo contra a orde da Xunta que regula a concesión de subvencións para programas integrados de emprego, xa que “utiliza un subterfuxio para excluír a algúns concellos e primar a outros”.

Así o trasladou en rolda de prensa o alcalde, Abel Caballero, quen sinalou que, para optar a esas subvencións, os concellos deben estar inscritos na iniciativa Doing Business Gailcia (un protocolo acordado entre a Xunta e a Federación Galega de Municipios e Provincias para favorecer a implantación de empresas).

Segundo o rexedor olívico, este programa “non ten contido, é pura propaganda e aparencia” da Xunta de Galicia. “Os concellos que non estamos nese programa, practicamente non temos axuda e, se algún municipio ten dereito a programas integrados de emprego, é Vigo”, proclamou.

Por outra banda, na súa rolda de prensa o alcalde tamén se referiu á visita á cidade, este venres, do ministro de Cultura e Deporte, José Manuel Rodríguez Uribes. Abel Caballero avanzou que, ademais de tratar con el a construción dunha Biblioteca do Estado en Vigo, informarao sobre “a estafa política de Feijóo”, de presentar unha candidatura das Illas Atlánticas a Patrimonio da Humanidade para “paralizar” a candidatura municipal de Cíes.

Tras insistir en que esa iniciativa foi unha “traizón” do presidente galego á cidade, reiterou que “non vai ter nunca o visto e prace” debido, entre outras cousas, á oposición dos veciños do arquipélago de Ons. “Pero Feijóo mantena (a candidatura) para amolar a Vigo”, sentenciou.

ÚLTIMAS

Falece un traballador en Mos tras caer desde altura na parroquia de Sanguiñeda

Un traballador faleceu este mércores no municipio pontevedrés de Mos tras precipitarse ao baleiro...

Vigo traslada a gala da Reconquista ao Auditorio Mar de Vigo para ampliar o aforamento

O Concello de Vigo ultima os preparativos para a gala da Reconquista, que se...

O Celta busca un talismán contra o Real Madrid; a camisola celeste que luciu Madonna no 1990

O Real Club Celta puxo en marcha unha rechamante iniciativa co fin de localizar...

Aqualia confirma metais pesados na auga da traída municipal da parroquia de Beade, en Vigo

A Xunta de Galicia notificou ao Concello de Vigo e á empresa concesionaria Aqualia...