InicioEconomíaIberia reforzará as conexións entre Vigo e Madrid, que chegarán a 14...

Iberia reforzará as conexións entre Vigo e Madrid, que chegarán a 14 semanais en agosto

Outras compañías retomarán as rutas desde Peinador en próximas semanas, como é o caso de Air Europa, Binter ou Vueling.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A frecuencia das conexións aéreas entre Vigo e Madrid operadas pola compañía Iberia reforzarase nas próximas semanas, ata alcanzar os 14 voos semanais en agosto, segundo trasladou o alcalde da cidade olívica, Abel Caballero.

Así, o rexedor subliñou que, con esta medida, Vigo converterase na ruta doméstica máis importante de Iberia, só por detrás das conexións con Barcelona.

Ademais, lembrou, outras compañías retomarán as rutas desde Peinador en próximas semanas, como é o caso de Air Europa, Binter ou Vueling.

Por outra banda, Abel Caballero celebrou que, segundo Kaiak (un portal de procura de voos e aloxamentos), a cidade de Vigo é o destino doméstico “máis buscado en España”, o que fai prever que a tempada de verán será “substancialmente mellor” do que se esperaba.

ÚLTIMAS

O AVE Vigo-Lisboa podería estar rematado en 2033

O primeiro ministro de Portugal, Luís Montenegro, destacou que a liña de alta velocidade...

O padroado do Ifevi presenta unha nova tasación das instalacións para avanzar na súa xestión compartida

O padroado do Ifevi trasladou este venres á Xunta, ao Concello de Vigo e...

Abel Caballero denuncia un “ataque frontal” de Rafael Louzán contra a candidatura de Vigo para o Mundial 2030

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este venres que o presidente da Real...