InicioSucesosDetido tras golpear á súa exparella e pelexar cun home que tentou...

Detido tras golpear á súa exparella e pelexar cun home que tentou defendela

O suceso tivo lugar na madrugada deste martes na rúa de Santa Cristina.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un home de 39 anos, iniciais E.P.L.L., foi detido en Vigo tras golpear na cabeza á súa expareja e pelexar con outro home que tentou defendela. Segundo detallaron fontes policiais, os feitos tiveron lugar este martes sobre as 00,42 horas, cando os axentes foron informados dun suposto episodio de violencia de xénero ocorrido na rúa Santa Cristina.

Tras desprazarse á zona, os policías atoparon á muller acompañada dun home nun local. A agridida explicou que foraincrepada e golpeada na cabeza pola súa exparella, con quen ten dous fillos. Mentres, o home que acompañaba á muller saíu na súa defensa, o que derivou nunha pelexa co agresor. A versión da muller foi corroborada polo acompañante.

Este segundo home mostrou aos axentes as mangas da súa camisa rotas e o sangue que presentaba na cara e os brazos. A muller, pola súa banda, manifestou que sufría dor na cabeza como consecuencia do golpe da súa exparella, que resultou detido por un presunto delito de violencia de xénero.

ÚLTIMAS

Estoupa un artefacto explosivo na sede de UGT en Vigo

UGT-Galicia denunciou un ataque con un artefacto explosivo na sede que o sindicato ten...

Miles de persoas protestan en Vigo para defender a “democracia, a vivenda e a sanidade”

Miles de persoas manifestáronse este mércores polas rúas de Vigo, convocadas por UGT e...

A folga pecha o comercio en Vigo con piquetes activos en centros como o de Vialia

A folga xeral mantén pechada boa parte do comercio galego, que afronta esta xornada...

Amplo seguemento da folga na área de Vigo, segundo os sindicatos

Por zonas, a central nacionalista informa de que, en Vigo, na farmacéutica Cofano xa...