InicioEconomíaPrimeiras mobilizacións organizadas en Galicia pola falta de pagamentos dos ERTE

Primeiras mobilizacións organizadas en Galicia pola falta de pagamentos dos ERTE

PUBLICADO O

- Advertisement -

Traballadores da auxiliar de automoción Magna Seating concentráronse este martes en Vigo, convocados por CIG, CC.OO. e UXT, para denunciar a falta de pagamento das prestacións correspondentes ao Expediente de Regulación Temporal de Emprego (ERTE) a parte do persoal durante os últimos tres meses.

En declaracións a Europa Press, o presidente do comité de empresa, Xabier Lemos, explicou que o 65% do persoal non percibiu a prestación, o que suma máis de 200 empregados. A ese respecto, asegurou que algúns deles “non poden aguantar” esta situación, polo que se convocaron senllas concentracións na delegación do SEPE a sede da empresa, situada no Porriño.

CRUCE DE ACUSACIÓNS

Lemos sinalou que algúns traballadores non viron tramitado o seu ERTE ata o pasado venres, a pesar de que a empresa o aplicou o pasado 23 de marzo, mentres outros empregados si percibiron a prestación correspondente. Segundo o presidente da comité, que o SEPE achaca esta situación a un traspaso de datos erróneos por parte da auxiliar, pero esta esta asegura que os facilitou correctamente.

Neste aspecto, e segundo confirmaron fontes de Magna Seating a Europa Press, o SEPE comunicou á empresa que carecía de datos con información actualizada respecto de traballadores que non estiveran desempregados con anterioridade.

En concreto, durante as últimas semanas, os traballadores da empresa comezaron a reincorporarse aos seus postos e neste momento atópase traballando o 80% do persoal. Con todo, Xabier Lemos lembrou que estas persoas cobran o seu salario tras a finalización delmes, polo que os empregados que non percibiron a prestación correspondente ao ERTE acumulan tres meses sen cobrar.

Tamén explicaron que se remitiu a información solicitada en abril, pero que a empresa foi contactada de novo polo servizo de emprego, que, a xuízo das mesmas fontes, dispón dun “problema de xestión” para tramitar os ERTE presentados por distintas empresas.

ÚLTIMAS

Piden case 5 anos de cárcere para un acusado de agresión sexual a un menor

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acollerá este...

Axentes e funcionarios denuncian as condicións “extremas” de calor na Comisaría de Vigo

Medio centenar de axentes e funcionarios da Comisaría de Vigo-Redondela, convocados polos sindicatos policiais...

Detido en Vigo por unha agresión á súa parella

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 47 anos de...

Confirmados 4 anos de cárcere para un home que extorsionou a unha muller

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza da sección quinta...