InicioEconomíaA Xunta e comerciantes de Vigo avogan por potenciar a formación empresarial

A Xunta e comerciantes de Vigo avogan por potenciar a formación empresarial

Traballan para renovar as clases do programa de emprego logo do parón derivado da Covid.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta e responsables do Programa Integrado de Emprego (PIE) da Asociación de Comerciantes e Profesionais Zona Príncipe de Vigo avogaron por potenciar a formación para mellorar a empregabilidade e fortalecer o tecido empresarial.

Nun encontro mantido este luns de modo telemático, o director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Pablo Casal, asegurou que a formación permitirá axustarse aos perfís e competencias demandados polas empresas.

Ademais, lembrou que as clases do programa de emprego foron suspendidas debido á pandemia da COVID-19 e substituídas por unha modalidade virtual, pero sinalou a aposta do Goberno galego por que se finalicen de modo presencial. De feito, explicou que se traballa para permitir recuperar as sesións que foron suspendidas de acordo coas garantías sanitarias esixibles.

En concreto, este programa conta con 100 participantes e está destinado a mellorar a empregabilidade de persoas novas sen emprego de Vigo e área, Cangas e Moaña.

Estes alumnos reciben formación en idiomas e ofimática e preparación relativa a ámbitos como a atención sociosanitaria a dependentes en institucións sociais. Ademais, poden participar en talleres de ‘coaching’ e intelixencia emocional.

ÚLTIMAS

Así será a Cabalgata dos Reis Meigos de Vigo: 11 carrozas e moita fantasía

A Cabalgata dos Reis Meigos de Vigo sairá o luns sobre as 18.00 horas...

Vigo repartiu en 2025 máis de 3.500 axudas de emerxencia para atender a 8.870 persoas

O Concello de Vigo outorgou no ano 2025 un total de 3.548 axudas de...

O PP vigués acusa a Caballero de dar un “golpe fiscal” tras pechar 2025 con 200 millóns de remanentes

O grupo municipal do PP en Vigo denunciou o "machadazo fiscal" que levará a...

Vigo apagará as luces de Nadal o 11 de xaneiro e celebra os datos de ocupación

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, confirmou este venres que o acto de apagado...