InicioMedio Ambiente e PatrimonioO Porto de Vigo retira máis de 19 toneladas de residuos dos...

O Porto de Vigo retira máis de 19 toneladas de residuos dos fondos das dársenas das Avenidas e A Laxe

A Autoridade Portuaria de Vigo busca erradicar esta práctica, para o que incrementará a vixilancia.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Autoridade Portuaria de Vigo retirou máis de 19 toneladas de residuos das dársenas dos fondos das dársenas das Avenidas e A Laxe..

Segundo precisou o Porto, esta actuación, realizada en colaboración co Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar) desenvolveuse nos últimos meses e enmárcase na estratexia de crecemento azul Blue Growth.

Tras constatarse a acumulación de residuos sólidos nos fondos durante anos de actividade, adoptouse a decisión da súa retirada. Ademais, a Autoridade Portuaria de Vigo sinalou que busca erradicar esta práctica, para o que incrementará a vixilancia.

Así mesmo, apelou á colaboración dos usuarios do Porto para manter “limpas e en bo estado de conservación” as dársenas de Vigo dado que a maior parte dos residuos retirados relaciónanse coa actividade diaria e poden deriorar ao medioambiente, ademais de afectar á biodiversidade da zona.

ÚLTIMAS

UGT suspende a concentración contra o ataque con explosivos á súa sede de Vigo á que ía acudir Pepe Álvarez

A condena do ataque contra a sede de UGT en Vigo terá que agardar...

Vigo mantén en segredo o motivo da suspensión do contrato de bus de 470 millóns: “Saberase cando a lei o permita”

Case dous meses despois de que o Concello de Vigo anunciase a suspensión da...

A concelleira de Seguridade de Vigo rexeita dimitir á espera da sentenza do caso Saltamontes: “Non está nas nosas mans”

A concelleira de Seguridade do Concello de Vigo, Patricia Rodríguez, recoñeceu estar "pendente" do...

O novo contrato de ‘renting’ dos coches da Policía Local custará 3,4 millóns ata 2030

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo adxudicou este venres, por 3,4...