InicioSucesosDetido un veciño de Vigo por agredir a súa muller, á que...

Detido un veciño de Vigo por agredir a súa muller, á que acabou tirando ao chan

Foi o fillo de 20 anos quen se interpuxo entre eles para parar a agresión e quen chamou á policía.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron un veciño da cidade, R.S.X., de 51 anos de idade, como presunto autor dun delito de violencia de xénero, tras agredir a súa muller, á que acusaba de quitarlle diñeiro.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron o pasado venres, e foi o fillo da parella, un mozo de 20 anos de idade, o que solicitou a presenza policial tras interporse entre o seu pai e a súa nai para pór fin á agresión.

Cando chegaron os axentes ao domicilio, a muller relatoulles que estaba a limpar cando chegou o seu marido a casa e comezou a acusala de quitarlle diñeiro.

A señora optou por ignoralo, e isto provocou unha violenta reacción por parte do marido, que empezou a tirar mobiliario, suxeitouna polos brazos, zarandeouna e tirouna ao chan. Nese momento, o fillo interpúxose e logrou que o pai deixase de agredila.

A muller mostrou aos policías as marcas dos brazos, e explicou que, ao ser arroxada ao chan, sufrira un golpe na cadeira, aínda que rexeitou a oferta dos axentes de pedir asistencia sanitaria.

Por estes feitos, o presunto autor da agresión, que se atopaba nunha habitación do domicilio, en roupa interior e tombado nun colchón, foi detido.

ÚLTIMAS

Vox leva ao xulgado os incidentes nunha mesa informativa en Cangas e estuda accións polo acto frustrado de Santiago

Vox presentou este martes unha denuncia ante a sección de instrución do Xulgado de...

Balaídos terá unha ‘Tribuna Iago Aspas’: Caballero anuncia que levará o nome do xogador e terá unha estatua ao seu carón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a bancada de Tribuna do estadio...

Vigo pon en marcha o Nadal: comeza a montaxe dos grandes elementos con case 13 millóns de luces

O Concello de Vigo iniciou este martes a montaxe dos grandes elementos do seu...

Sete meses de prisión por tocarlle o cú a unha menor e agredir a un policía en Vigo

Un home aceptou sete meses e medio de prisión por lle tocar a unha...