InicioSociedadeCaballero acusa á Xunta de achegar "cero euros" para a reconstrución de...

Caballero acusa á Xunta de achegar “cero euros” para a reconstrución de Vigo

O alcalde de Vigo sinalou que a estratexia de reconstrución descansa sobre catro alicerces: as achegas que poidan facer as empresas, as que se fagan desde o Concello, as que faga a Xunta e as que faga o propio Goberno de España.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O goberno municipal de Vigo ultima o seu plan de reconstrución económica e social para a cidade co fin de paliar o impacto da crise sanitaria do coronavirus, un plan no que haberá unha “potenciación fortísima” da obra pública.

Así o avanzou en rolda de prensa o rexedor olívico, que detallou que xa mantivo reunións cos principais axentes socioeconómicos e culturais da cidade para pór en marcha ese plan de recuperación, e que agora falta saber “de cantos recursos” poderase dispor.

A ese respecto, o alcalde sinalou que a estratexia de reconstrución descansa sobre catro alicerces: as achegas que poidan facer as empresas, as que se fagan desde o Concello, as que faga a Xunta e as que faga o propio Goberno de España.

Abel Caballero lembrou que ese plan integral “que lidera o alcalde” está pendente de que se concrete se as entidades locais poderán reinvestir os seus remanentes e superávit para loitar contra as consencuencias da pandemia.

En todo caso, avanzou que a actuación prevista pasa por intensificar a obra pública. “Vai haber un incremento moi por encima de todo o que tiñamos planificado”, aseverou.

ACHEGAS ECONÓMICAS

Por outra banda, e con respecto ás achegas da Xunta á recuperación da cidade, Caballero constatou que, ata agora, esas achegas foron de “cero euros”, e volveu a denunciar que o goberno autonómico non fixo chegar a Vigo nada dos 23 millóns que “recibiu do Goberno de España para políticas sociais dos concellos e as deputacións”.

Segundo apuntou, a Vigo corresponderíanlle, polo seu peso e poboación, polo menos 2,5 millóns de euros, dos que non recibiu “nin un só euro”. “Estamos a estudar a vía para reclamalo, porque a Xunta fai un engano masivo á cidade”, proclamou.

FONDOS PARA OS CONCELLOS

O alcalde de Vigo e presidente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), Abel Caballero, avanzou que este xoves, na súa comparecencia na Comisión de Reconstrución Social e Económica no Congreso dos Deputados, trasladará a importancia da actuación das entidades locais nese proceso de recuperación e a necesidade de que dispoñan de fondos para abordalo.

Nunha rolda de prensa, o rexedor olívico subliñou que transmitirá o papel dos concellos, “se é o caso con Vigo liderando”, en procesos como a atención social, a desinfección de vías públicas e outros espazos, a actuación nas fases de desescalada, etc. Así, explicará no Congreso “como se conseguiu” na cidade reactivar a actividade “evitando as aglomeracións”.

“Non é posible a recuperación sen os concellos”, proclamou e subliñou que as entidades locais demandan “fondos que coadxuven na reconstrución”. A ese respecto, lembrou que as Comunidades Autónomas recibiron xa fondos, e os concellos “nin un céntimo”.

Abel Caballero reclamou que, do mesmo xeito que as entidades locais deben participar na xestión do Ingreso Mínimo Vital, tamén deben ter “unha parte importantísima” na reconstrución económica e social. De feito, apuntou: “Como imos confiar na Xunta co Ingreso Mínimo Vital!quedará con todo!”.

ÚLTIMAS

Falece un tripulante ao caer ao mar tras chocar a súa embarcación contra as bateas en Redondela

Un tripulante dunha embarcación de recreo que navegaba pola ría de Vigo na zona...

O PP de Vigo levará ao pleno a imputación da concelleira de Seguridade polo accidente do Saltamontes

A presidenta do PP e portavoz do grupo municipal 'popular' de Vigo, Luisa Sánchez,...

Un ferido tras envorcar co seu coche na avenida Arquitecto Antonio Palacios en Vigo

Unha persoa resultou ferida na tarde deste luns en Vigo tras envorcar o seu...

Confirman a ocupación do castro das Hortas nas illas Cíes

A segunda campaña arqueolóxica no castro das Hortas, nas illas Cíes, confirmou que a...