InicioSociedadeAs urxencias atendidas no Álvaro Cunqueiro aumentaron un 47% desde a desescalada

As urxencias atendidas no Álvaro Cunqueiro aumentaron un 47% desde a desescalada

Médicos advirten de que o aumento da afluencia en zonas costeiras previsto para verán podería sobrecargar o servizo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O volume de urxencias atendidas nos hospitais do Servizo Galego de Saúde (Sergas) incrementouse un 20% tras o inicio da aplicación do Plan para a transición cara a unha nova normalidade por parte do Goberno central. Segundo detallou o presidente da Sociedade Española de Medicina de Urxencias e Emerxencias na comunidade (SEMES-Galicia), Manuel Vázquez, a afluencia incrementouse durante as últimas tres semanas “de maneira progresiva”.

En concreto, o presidente de SEMES precisou que o servizo de Urxencias do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo recibía unhas 170 persoas ao día en marzo a pesar de que a súa media habitual se sitúa nunhas 400.

Posteriormente, as atencións diarias eleváronse ata 197 en abril e, en maio, ascenderon ata as 285. Así, destacou que se incrementaron un 47% respecto ao período inicial da pandemia. Tamén explicou que en abril se rexistraron no hospital vigués 48 ingresos debido a ictus fronte aos 70 que se adoitan contabilizar cada mes.

Podes ler toda a información en Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

PP ve o adianto electoral a “mellor para España” e BNG cre que é unha “oportunidade” de “apoio masivo”

O PP de Vigo cre que o adianto electoral anunciado por Pedro Sánchez este...

Eleccións.- Caballero afirma que o PSOE “sae a gañar” e acusa a Feijóo de non resolver o problema da vivenda

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, vaticinou que a oposición terá "castigo" por ser...

O alcalde de Vigo: “Sánchez fará o que mellor lle conveña a España”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, manifestou que o presidente do Goberno, Pedro Sánchez,...

Tensión tras as ameazas dun home armado cun machete en Vigo

Un home armado cun machete xerou momentos de tensión en Vigo tras un incidente...