InicioEconomíaO tráfico de mercadorías do Porto de Vigo baixa un 29 %...

O tráfico de mercadorías do Porto de Vigo baixa un 29 % en abril, lastrado pola paralización de PSA

A terminal alcanzou os 1,3 millóns de toneladas, o que supón un 5,34 % menos que no mesmo período do ano pasado

PUBLICADO O

- Advertisement -

O tráfico de mercadorías no Porto de Vigo experimentou un descenso do 29 por cento no mes de abril (con respecto a abril do ano pasado), lastrado sobre todo pola caída dos movementos ro-ro (dun 80,3 por cento) debido á suspensión da actividade na planta de PSA e á paralización da Autoestrada do Mar.

Así se desprende do informe presentado este venres no Consello de Administración do Porto, e do que deu conta en rolda de prensa o presidente deste organismo, Enrique López Veiga.

Entre as mercadorías que experimentaron caídas en abril están os automóbiles (-75,23 %), as pezas de automoción (-81,7 %) ou o granito en bruto (-54,9 %); mentres que a froita, os produtos químicos ou os alimentos, están entre as que máis subiron.

No caso da pesca fresca (sen computar a produción das bateas), o descenso no volume foi de algo máis do 50 por cento, mentres que o recorte no valor de venda alcanzou o 31,9 por cento).

Con respecto ao tráfico total acumulado, a terminal olívica alcanzou os 1,3 millóns de toneladas, o que supón un 5,34 % menos que no mesmo período do ano pasado.

A pandemia de coronavirus notouse tamén nos cruceiros, cun descenso do 70 por cento. Así, neste primeiro cuadrimestre do ano atracaron en Vigo 7 cruceiros, fronte aos 17 no mesmo período do ano pasado.

ÚLTIMAS

Caballero levará de novo ao pleno a proposta para que Xunta e Deputación financien voos desde Vigo

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Goberno municipal volverá presentar unha...

Flor Baena reclama ao Concello de Vigo unha homenaxe oficial ao seu irmán Xosé Humberto

Flor Baena, irmá do vigués Xosé Humberto Baena Alonso, reclamou ao Concello de Vigo...

A viguesa Vanessa Glemsel compite este sábado polo Premio Nacional de Poesía Viva

A poeta viguesa Vanessa Ferreira Rodríguez, coñecida artisticamente como Vanessa Glemsel, participará este sábado na...

As familias do EEI Vila Laura saen á rúa para esixir á Xunta unha profesora de apoio

Nais e pais, docentes e alumnos do EEI Vila Laura de Vigo saíron este...