InicioSucesosProposto para sanción por utilizar un 'dron' na zona do aeroporto de...

Proposto para sanción por utilizar un ‘dron’ na zona do aeroporto de Vigo

A utilización destes aparellos con fins de lecer debe levarse a cabo fóra do espazo aéreo controlado.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Nacional de Vigo propuxo para sanción o usuario dun ‘dron’ localizado mentres voaba pola zona aérea restrinxida do aeroporto de Vigo.

Fontes policiais detallaron que os feitos tiveron lugar o pasado venres sobre as 11,50 horas, cando un veciño de Redondela alertou de que observara como unha aeronave non tripulada sobrevoaba varias vivendas.

Deste xeito, unha dotación policial dirixiuse ao lugar. Tamén se mobilizou un helicóptero para buscar o aparello, que, segundo detallou o radar, se atopaba na área de aproximación á pista 19 do aeroporto de Peinador.

Así, ambos os indicativos localizaron á persoa que utilizaba o ‘dron’ e identificárono. Ademais, comprobáronse as características da aeronave e propúxose para sanción o seu usuario ante a Axencia Estatal de Seguridade Aérea (AESA) debido a un incumprimento da normativa vixente para o voo de aparellos pilotados por control remoto.

Adicionalmente, a Policía Nacional lembrou que a normativa vixente estipula que a utilización destes aparellos con fins de lecer debe levarse a cabo fóra do espazo aéreo controlado, así como a máis de 8 quilómetros do punto de referencia de calquera aeroporto oaeródromo. Tampouco poderán empregarse a menos de 8 quilómetros dos eixos de pistas de aeroportos e a súa prolongación ata 6 km desde o limiar das mesmas.

Así mesmo, apuntouse que non se permite que estas aeronaves sobrevoen aglomeracións de edificios ou persoas. Ademais, o seu uso deberá realizarse durante o día e a unha distancia adecuada respecto dos obstáculos, así como evitarse que poñan en risco a seguridade de persoas e bens.

ÚLTIMAS

A praza baleira e a nosa débeda con Martínez Garrido

O outro día atopeime cunha imaxe tan chocante como reveladora: o busto do Rei...

O PP afea a Caballero que se acorde das familias “só en ano electoral” e pide recuperar as axudas para libros

O grupo municipal do PP en Vigo reclamou este martes ao goberno local que...

A falta de visibilidade en Peinador obriga a regresar a Madrid a un avión con destino Vigo

A falta de visibilidade obrigou a regresar a Madrid ao piloto do voo de...

‘Romaría’: Carla Simón viaxa á ría de Vigo para reconstruír o pasado dos seus pais

A cidade de Vigo acolle este martes a preestrea do filme 'Romaría' (a estrea...