InicioSociedadeO goberno municipal esixirá "unha votación" para que Zona Franca entre no...

O goberno municipal esixirá “unha votación” para que Zona Franca entre no padroado do Ifevi

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este xoves que esixirá "unha votación" no seo do padroado do Instituto Feiral de Vigo (Ifevi) para determinar a entrada da Zona Franca nese organismo, e volveu a criticar que a Xunta se opoña á participación da entidade estatal.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este xoves que esixirá “unha votación” no seo do padroado do Instituto Feiral de Vigo (Ifevi) para determinar a entrada da Zona Franca nese organismo, e volveu a criticar que a Xunta se opoña á participación da entidade estatal.

Nunha rolda de prensa telemática, o rexedor olívico preguntou “por que a Xunta non quere que Zona Franca entre no padroado”, se o fará “achegando diñeiro”. “Volveremos expor a incorporación de Zona Franca. Feijóo non quere, pero Zona Franca, que presido eu, é un gran promotor de actividade económica, e está disposto a achegar millóns de euros”, engadiu.

“Imos esixir ao padroado que vote. E imos ver que votan”, sinalou o alcalde, quen denunciou o “labor de obstaculización” de Feijóo para que Zona Franca non entre no padroado. “El persoalmente oponse, porque non lle entusiasma a marcha de Vigo, que ocupase o espazo da cidade máis importante de Galicia, porque está moi envorcado en Santiago e A Coruña”, apostilou.

Abel Caballero tamén acusou á Xunta de tardar ” 5 meses” en enviar a documentación ao Goberno de España para a emisión de informes para acometer a ampliación do Instituto Feiral.

Por outra banda, o alcalde tamén se referiu ao atraso nas obras dos accesos ao complexo intermodal de Urzáiz, e volveu a insistir en que dito atraso é imputable á crise sanitaria pola pandemia de coronavirus, que “paralizou toda a actividade administrativa e os prazos”. Estas declaracións fíxoas en resposta ás críticas do PP e da Xunta, que advertiron de que a “incerteza” de Adif ao non concretar unha data para asinar a ‘addenda’ ao convenio de confinanciación das obras, pode atrasar a 2022 a finalización da nova estación.

ÚLTIMAS

Tradutores alerta da precarización do traballo pola IA e piden non substituír humanos por máquinas

A Asociación Galega de Profesionais da Tradución e a Interpretación (AGPTI) convocou este mércores...

O BNG esixe á Xunta que rectifique o plan de transporte de Vigo e acusa o PP de “reincidir nun modelo sen futuro”

O BNG de Vigo esixiulle á Xunta que “rectifique” o plan de transporte para...

Armadores de Vigo ven “absolutamente insuficientes” as axudas para o sector pola crise de Oriente Medio

A Cooperativa de Armadores de Pesca do Porto de Vigo (ARVI) considera "absolutamente insuficientes"...

A Xunta cifra en 78 millóns de euros os investimentos autonómicos en Vigo “bloqueadas” polo goberno de Caballero

A delegada da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, cifrou en 78 millóns de euros...