InicioSociedadeO Concello de Vigo trasladará a unha nave de Esturáns o parque...

O Concello de Vigo trasladará a unha nave de Esturáns o parque de bombeiros de Balaídos

A decisión, segundo Caballero, adoptouse en base ás consideracións técnicas dos propios responsables do servizo de extinción

PUBLICADO O

- Advertisement -

A xerencia de Urbanismo do Concello de Vigo aprobará a próxima semana a incoación de expediente para cambiar o uso dunha parcela municipal na rúa Esturáns, co fin de habilitala para trasladar alí o parque de bombeiros que, actualmente, atópase nos baixos do estadio de Balaídos.

Así o avanzou o alcalde, Abel Caballero, que explicou que, na mesma sesión da Xerencia (prevista o martes) quedará aprobada a notificación da resolución ao departamento municipal de Extinción de Incendios e Salvamento para o seu coñecemento, así como ao resto de departamentos que teñen competencias nesta materia.

Segundo explicou o rexedor, a decisión do traslado do parque adoptouse en base ás consideracións técnicas dos propios responsables do servizo de extinción. Así, o traslado farase efectivo en canto a nave de Esturáns teña as adaptacións necesarias.

ÚLTIMAS

Xunta insiste en que Vigo terá abastecemento de agua ata final de ano

A Xunta de Galicia quixo enviar unha mensaxe de "tranquilidade" á veciñanza de Vigo...

O Nadal de Vigo xa ten o seu selo de Correos

Correos emite este mércores o selo "Cidades do Nadal. Vigo", que se pon en...

Vigo calcula en 107 millóns o investimento necesario para ser sede do Mundial e que Xunta e Deputación aporten dous terzos

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou que será preciso investir máis de 107,5...

Caballero: “A sanidade de Vigo vive a situación máis calamitosa da historia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu denunciar este martes a "situación calamitosa" da...