InicioEconomíaMarea de Vigo afea ao goberno local que non abrise liñas de...

Marea de Vigo afea ao goberno local que non abrise liñas de axudas a pemes e autónomos

Este grupo volve insistir en que é "perverso" indemnizar a concesionarias que se acolleron a ERTE.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O grupo municipal Marea de Vigo afeou este venres ao goberno local que encabeza Abel Caballero que a cidade olívica “é das poucas grandes cidades” do país que non puxo en marcha liñas de axudas a pequenos empresarios e autónomos, por exemplo, os do sector da hostalaría.

Nunha rolda de prensa telemática, o portavoz do grupo, Rubén Pérez Correa, apuntou que cidades como Lugo, Ferrol, ou Valencia, si activaron eses mecanismos de axuda, e advertiu de que “está moi ben” facer reunións con expertos, ou cos representantes dos diversos sectores, “pero non hai unha liña directa de axudas“. “É momento de porse a traballar, as grandes declaracións están ben, pero é buscar titulares e non porse ao concreto”, engadiu Pérez Correa.

Por outra, Marea de Vigo propuxo tamén a creación dun servizo que facilite a conciliación e a reincorporación paulatina de traballadores, especialmente mulleres, no marco da ‘desescalada’ tras o confinamento do estado de alarma pola crise sanitaria do coronavirus.

Segundo apuntou a concelleira Oriana Méndez, o xa existente servizo de atención á infancia a domicilio podería servir de “modelo” para pór en marcha un servizo similar. A ese respecto, lembrou que os menores de 6 anos non van volver ás clases no que queda de curso e iso, entre outras cuestións, fai “imperiosa” a necesidade de facilitar esa conciliación.

CONCESIONARIAS

Finalmente, Rubén Pérez volveu incidir en que o goberno local debe aclarar que indemnizacións se van dar ás empresas concesionarias, porque se acolleron a ERTE e gran parte dos salarios (o principal custo nas explotacións dos servizos) son asumidos polo SEPE, ademais de que se aforrarán as cotizacións á Seguridade Social mentres dure o estado de alarma.

Nese sentido, cuestionou novamente por que non se decretou a suspensión deses servizos, para que os salarios, seguros ou alugueres fosen asumidos polo Concello. “Sería perverso que se lles pagase indemnizacións cando o 80 por cento dos seus custos o están aforrando”, indicou.

ÚLTIMAS

PP e BNG emendan a ordenanza das Zonas de Baixas Emisións de Vigo: uns piden atrasar multas e outros devolver o texto

Os grupos municipais da oposición no Concello de Vigo presentaron as súas emendas ao...

Tres detidos por abandonar a un home ferido nunha cuneta en Moaña

A Policía Nacional detivo nas últimas horas a tres persoas supostamente relacionadas coa aparición...

Un SMS falso acaba nunha estafa de 140.000 euros. Así é a estafa intervida pola Garda Civil no Porriño

O Equipo de Investigación Tecnolóxica da Unidade Orgánica de Policía Xudicial da Comandancia da...

O persoal do lixo de Vigo convoca folga indefinida a partir do 24 de maio

O comité de persoal de FCC (CIG, CC.OO. e USO), concesionaria do servizo de...