InicioSucesosLocalizan un home con orde de busca nunha casa abandonada de Vigo

Localizan un home con orde de busca nunha casa abandonada de Vigo

Os feitos ocorreron este domingo pola zona de Isaac Peral.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Local de Vigo identificou a un home de Pontevedra, J.A.M.O., de 32 anos de idade, sobre o que pesa unha orde xudicial de investigación de paradoiro, e que foi localizado cando se escondía nunha casa abandonada na cidade olívica.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron na tarde do domingo, cando unha patrulla do 092 circulaba en labores de prevención pola zona de Isaac Peral.

Por esa rúa ían camiñando dous homes que, ao decatarse da presenza policial, se meteron apresuradamente no interior dunha casa abandonada, unha actitude que foi observada por un veciño, quen chamou inmediatamente ao 092.

A patrulla volveu ao lugar e atopou os dous homes no interior da vivenda, escondidos detrás dun muro. Ao identificalos, comprobaron que un deles tiña pendente unha orde emitida por un xulgado de Ourense, para a investigación do seu paradoiro e domicilio, polo que os axentes instruíron as correspondentes dilixencias para o seu traslado ao órgano xudicial competente.

ÚLTIMAS

A praza baleira e a nosa débeda con Martínez Garrido

O outro día atopeime cunha imaxe tan chocante como reveladora: o busto do Rei...

O PP afea a Caballero que se acorde das familias “só en ano electoral” e pide recuperar as axudas para libros

O grupo municipal do PP en Vigo reclamou este martes ao goberno local que...

A falta de visibilidade en Peinador obriga a regresar a Madrid a un avión con destino Vigo

A falta de visibilidade obrigou a regresar a Madrid ao piloto do voo de...

‘Romaría’: Carla Simón viaxa á ría de Vigo para reconstruír o pasado dos seus pais

A cidade de Vigo acolle este martes a preestrea do filme 'Romaría' (a estrea...