InicioSociedadeO goberno de Vigo apoirá o comercio local mediante o impulso dunha...

O goberno de Vigo apoirá o comercio local mediante o impulso dunha plataforma de venda en liña

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, puxo sobre a mesa a posibilidade de ceder espazo público aos comerciantes para que poidan reactivar a súa actividade e facelo coa máxima seguridade para traballadores e clientes.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O goberno municipal de Vigo impulsará unha plataforma ou rede de venda ‘en liña’ para apoiar a actividade do comercio local e contribuír á súa dinamización, no marco da actual crise sanitaria, segundo avanzou o alcalde, Abel Caballero, tras manter unha reunión telemática con representantes do sector.

A través dun comunicado remitido aos medios, o rexedor olívico anunciou a posta en marcha desa rede de venda electrónica, así como outras medidas de apoio.

A ese respecto, puxo sobre a mesa a posibilidade de ceder espazo público aos comerciantes para que poidan reactivar a súa actividade e facelo coa máxima seguridade para traballadores e clientes. “Non descarto dedicar partes das calzadas aos peóns”, afirmou.

Tamén trasladou a súa disposición a usar a “capacidade” do Concello para apoiar ao sector desde o punto de vista das taxas e impostos, aínda que lembrou que as competencias de comercio son da Xunta, e que as medidas que se adopten deben estar acompañadas por accións desde a administración autonómica e a central.

Abel Caballero tamén indicou que o Concello cooperará cos comerciantes en accións de promoción, entre as que poderían estar “accións culturais” que mobilicen tanto o comercio como a hostalaría.

ÚLTIMAS

Fin á folga en Radioloxía en Vigo: o Sergas acepta sumar un terceiro médico de garda

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) e radiólogos de Vigo alcanzaron este xoves un...

Morre apuñalado un home na antiga estación de bus en Vigo

Un home faleceu na tarde deste xoves en Vigo tras ser apuñalado na contorna...

Caballero arremete e eleva a batalla polo Mundial 2030: “A Xunta non quere pagar Balaídos”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu cargar contra a Xunta, asegurando que "non...

Vigo paraliza idea dunha facultade de Medicina tras o preacordo para a docencia descentralizada

A Xunta de Galicia e os reitores das tres universidades galegas acadaron un preacordo...