InicioPolíticaO Concello de Vigo recolle ordenadores que cederá a alumnos de primaria,...

O Concello de Vigo recolle ordenadores que cederá a alumnos de primaria, dos que “a Xunta se desentendeu”

Abel Caballero tamén esixe a Feijóo o envío "inmediato" de 300.000 máscaras a Vigo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Vigo iniciou este luns unha campaña de recollida de computadores e tablets para preparalos e cedelos a centros de educación primaria, onde hai un número “significativo” de alumnos que non dispoñen deses equipos para poder seguir as súas clases a distancia ou realizar as tarefas que lles encomendan os seus profesores no marco do actual estado de alarma.

Así o trasladou o alcalde, Abel Caballero, quen lamentou que a a Xunta “non lles dá” a eses nenos os equipos informáticos que necesitan, e que foron as propias Anpas e direccións dos centros os que trasladaron ao Concello esas necesidades.

O rexedor fixo un chamamento ás empresas, particulares e mesmo á Universidade para que, se teñen ordenadores ou tablets que xa non usen, os cedan ao Concello para que os reparta entre eses alumnos. “Porque a Xunta se desentendeu”, incidiu.

De feito, avanzou que a administración local xa conta con medio cento de equipos doados por EPSON e Imatia Innovation, e que Vodafone tamén cedeu 50 liñas de conexión a internet ata xuño. Outras empresas viguesas e voluntarios ofreceron asistencia técnica gratuíta para a instalación deses equipos nos domicilios das familias.

Fontes da Administración galega lembraron que, a través da Axencia Galega para a Modernización Tecnolóxica (Amtega), xa se distribuíron máis de 2.700 computadores para asegurar a conectividade dos alumnos que non teñen ese recurso. Así mesmo, lembraron que Educación está en contacto cos centros para recibir as súas demandas e avaliar as necesidades.

OUTRAS AXUDAS

Por outra banda, Abel Caballero anunciou tamén que o goberno local aprobou o pago adiantado doutras 431 bolsas de comedor, co que se chega a 2.601, “case o total” das axudas que o Concello concede para este servizo, “o cal sinala a dificultade que viven as familias”.

Así mesmo, mantéñense as axudas de emerxencia e a repartición de comida a domicilio para familias sen recursos, usuarias de comedores sociais (este luns repartíronse 635 menús). Mentres, o Concello está a dar aloxamento a 151 persoas sen fogar e o alcalde apuntou que “é posible que haxa un efecto chamada”, aínda que aclarou que o Concello acollerá a esas persoas ‘se teito’ “veñan de onde veñan”.

ENVÍO DE MÁSCARAS

Finalmente, Caballero volveu referirse á repartición de máscaras na cidade e, tras confirmar que xa se distribuíron as primeiras 20.000 conseguidas polo Concello (que pechou a compra dun lote de 100.000), esixiu ao presidente da Xunta que “envíe de forma inmediata 300.000 máscaras” para repartir entre os vigueses.

O alcalde asegurou que a Xunta “non enviou nin unha” (aínda que o Goberno galego cifra nunhas 30.000 as máscaras remitidas a Vigo, e o propio rexedor recoñeceu hai uns días a chegada dun lote dunhas 7.500, varios miles doadas á Xunta por Inditex e outras 14.000 caducadas). “Que as saque dese avión que dixo hai 20 días que ía traer”, insistiu Abel Caballero.

ÚLTIMAS

Un falecido e tres feridos nun choque frontal en Redondela: un dos ocupantes quedou atrapado no vehículo

Unha persoa faleceu e outras tres resultaron feridas nunha colisión entre dous vehículos este...

Centos de médicos reclaman en Vigo un estatuto propio: “Non queremos atendervos mal nin con pouco tempo”

Centenares de médicos saíron á rúa este xoves en Vigo para pedir un estatuto...

Ultimato de Caballero á Deputación para a firma do convenio para a piscina de Teis: “Xa non fago paripés”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, expuxo este xoves un ultimato á Deputación de...

Buscan un novo plan funcional e estratéxico para o IFEVI de Vigo

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, informou de que este venres...