InicioSociedadeA partir do 2 de maio poderase saír facer actividade física individual...

A partir do 2 de maio poderase saír facer actividade física individual e pasear

O Goberno aprobará o martes un plan de desconfinamento, que dirixirá o Executivo e será asimétrico.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, anunciou que a partir do 2 de maio se poderá saír para facer deporte de forma individual e dar paseos coas persoas coas que convivamos se “a evolución da epidemia é favorable”.

Durante unha comparecencia na Moncloa, Sánchez tamén avanzou que o martes o Consello de Ministros presentará un plan de descalada para todo o mes de maio que será “gradual” e “asimétrico”, dependendo de cada territorio, un plan no que leva tres semanas traballando que está baseado no criterio dos expertos.

“Non imos recuperar de golpe toda a actividade e mobilidade social. Ímolo facer por etapas“, indicou Sánchez, quen aclarou que deberá estar coordinada coas mesmas regras. “A máxima será unha: entramos xuntos e imos saír xuntos como país”.

“Esta segunda etapa de transición está tan infestada de riscos e perigos como a primeira. Non dispomos dun manual infalible”, resaltou o presidente do Goberno.

Toda a información en Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Vigo aproba a taxa turística: custará entre 0,80 e 2 euros por noite segundo o aloxamento

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o proxecto...

En liberdade provisional os tres detidos na operación antidroga de Vigo

O tribunal de instancia de Vigo, sección de Instrución, praza 4, decretou a posta...

Vigo reforza o servizo de extinción de incendios coa incorporación de 30 novos bombeiros

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o nomeamento...

Belén Rubio coloca o campus de Pontevedra no centro do seu proxecto para liderar a UVigo

A candidata á reitoría da Universidade de Vigo pola agrupación H2040, Belén Rubio, situou...