InicioEconomíaA volta de PSA Vigo producirase "cando se reactive o mercado"

A volta de PSA Vigo producirase “cando se reactive o mercado”

Indica que está "preparada" e, de feito, presentou o seu protocolo de hixiene e saúde pensado para o retorno dos operarios á planta.

PUBLICADO O

- Advertisement -

As plantas de PSA permanecerán pechadas, entre elas a factoría de Vigo, ata que non se reactive o mercado de vendas, tal e como trasladaron fontes da empresa, que se remiten ás palabras do director financeiro do grupo, Philippe de Rovira.

Fontes da fábrica de PSA Peugeot Citroën en Vigo trasladaron a Europa Press que, tal e como adiantou o director financeiro nas últimas horas (na presentación de resultados do grupo), a planta seguirá parada e a decisión da volta ao traballo adoptarase “cando se reactive o mercado”.

Philippe de Rovira xa sinalou que PSA renovará a actividade nas súas plantas “cando se poidan vender coches”, un escenario que aínda non se albisca nun futuro próximo, en plena crise sanitaria polo coronavirus e con medidas de confinamento en gran parte de Europa.

A dirección da fábrica viguesa, no entanto, trasladou nos últimos días que está “preparada” para esa volta ao traballo e, de feito, presentou o seu protocolo de hixiene e saúde pensado para o retorno dos operarios á planta.

Nas últimas reunións con sindicatos puxéronse sobre a mesa varias posibles datas para volver ao traballo. Así, valorouse a posibilidade de reactivar a planta o 20 de abril, ou o 27 deste mes, aínda que agora o peche alóngase ‘sine die’ debido ao afundimento do mercado e ás dificultades para garantir subministracións.

Ademais das medidas de seguridade para evitar contaxios na fábrica, a dirección da factoría chegou a un acordo cos sindicatos SIT (maioritario no comité) e UGT para aplicar un ERTE, que entraría en vigor cando acabe o estado de alarma e se retome a produción.

ÚLTIMAS

Volven prender lume en Chandebrito oito anos despois da traxedia na que morreron dúas persoas

Un lume forestal que comezou onte á noite en Chandebrito (Nigrán) queimou 0,73 hectáreas...

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...