InicioCulturaAprazan para setembro o festival vigués 'The Wild Fest' polo coronavirus

Aprazan para setembro o festival vigués ‘The Wild Fest’ polo coronavirus

"Con esta nova data confiamos e traballamos coa esperanza de que a normalización social que tanto ansiamos sexa, por entón, efectiva", apuntaron desde o festival.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A dirección do festival multidisciplinar ‘The Wild Fest’, que se celebra na parroquia viguesa de San Miguel de Oia, comunicou este luns que a segunda edición do evento queda aprazada ata setembro, debido á crise sanitaria pola pandemia de coronavirus.

Así, este certame sustentable celebrarase os días 4,5 e 6 de setembro, en lugar de en xuño, como estaba previsto, xa que, segundo a organización, “non se podería garantir a normal celebración do evento nin a seguridade e benestar de público e participantes”. “Con esta nova data confiamos e traballamos coa esperanza de que a normalización social que tanto ansiamos sexa, por entón, efectiva”, apuntaron desde o festival.

Os seus responsables traballan agora na reorganización de actividades, como a carreira de obstáculos ‘The Wild Race’ no parque forestal de San Miguel de Oia, que pasará a celebrarse o 6 de setembro.

Na súa primeira edición, que tivo lugar en xuño de 2019, ‘The Wild Fest’ reuniu a máis dun milleiro de persoas que gozaron de música, cinema, gastronomía, camiñadas na natureza e outras actividades.

ÚLTIMAS

A Plataforma fronte á Masificación Turística pide unha moratoria de licenzas para VUT

A Plataforma fronte á Masificación Turística de Vigo e O Morrazo dirixiuse por carta...

O PP de Vigo pide a Caballero que deixe as “ambigüidades” sobre a biblioteca de Teis

O grupo municipal do PP no Concello de Vigo esixiu ao alcalde, Abel Caballero,...

O BNG volve pedir a retirada do busto de Juan Carlos I da entrada do Concello de Vigo

O BNG de Vigo volveu a reclamar este luns a retirada "permanente e definitiva"...

Detido en Vigo por ameazar cun coitelo a outro home durante unha pelexa

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 25 anos de...