InicioEconomíaDesestimado o recurso do Porto de Vigo contra o plan de...

Desestimado o recurso do Porto de Vigo contra o plan de liquidación de Vulcano

Segundo o auto, o Porto de Vigo impugnou a aprobación do devandito plan de liquidación (ditada polo xulgado mercantil 3 de Pontevedra o pasado 20 de novembro) por non estar de acordo coa inclusión da concesión do espazo nese plan.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A sección primeira da Audiencia Provincial de Pontevedra ditou auto no que desestima o recurso de apelación interposto polo Porto de Vigo, mediante o que impugnaba o plan de liquidación do estaleiro Vulcano.

Segundo o auto, o Porto de Vigo impugnou a aprobación do devandito plan de liquidación (ditada polo xulgado mercantil 3 de Pontevedra o pasado 20 de novembro) por non estar de acordo coa inclusión da concesión do espazo nese plan.

Así, a Autoridade Portuaria sostén que, ao disolverse a empresa, a concesión administrativa do espazo queda resolta e debe volver ao Porto; mentres que a administración concursal do estaleiro mantén que debe incluírse dita concesión na unidade produtiva para o seu alleamento xa que, pola contra, “reduciríase notablemente o valor das instalacións”.

No seu auto, a Audiencia considera, por unha banda, que esa concesión non pode ter consideración de contrato privado, como pretende o Porto e, por outro, lembra que a Lei Concursal ten, como unha das súas “ideas centrais”, favorecer a continuidade da actividade empresarial e produtiva, e establece a “preferencia” polo alleamento “como un todo da explotación ou unidade produtiva”.

Mentres, a Autoridade Portuaria de Vigo eludiu pronunciarse sobre o auto,e lembrou que encargou un informe ao Consello de Estado sobre a situación desa concesión.

ÚLTIMAS

O goberno de Vigo pedirá en pleno que a Xunta garanta o abastecemento de auga de Vigo

O goberno de Vigo, liderado por Abel Caballero (PSOE), levará ao pleno do próximo...

Trasladadas dúas persoas que resultaron afectadas nun incendio dun piso en Vigo

Dúas persoas tiveron que ser trasladadas ao hospital tras verse afectadas por inhalación de...

Un profesor da Universidade de Vigo reúne 180.000 nomes de invertebrados nunha obra única no mundo

A Universidade de Vigo presentou este venres o último libro do profesor da Facultade...

Dous detidos e un investigado pola malleira a un home nun parking do Porriño

A Garda Civil de Pontevedra detivo a dous homes e investiga a un terceiro...