InicioSociedadeOs siareiros do RC Celta cos sanitarios: lévanlles comida e bebida

Os siareiros do RC Celta cos sanitarios: lévanlles comida e bebida

'Tropas de Breogán' organiza un crowfunding e 'Celta Vigo Hools' están a facer doazóns ao persoal sanitario e aos sen teito da cidade.

PUBLICADO O

- Advertisement -

As mostras de solidariedade cada vez son máis nestes días de crise. Desta volta, algúns dos afeccionados máis incondicionais do RC Celta de Vigo, ‘Tropas de Breogán’ e ‘Celta Vigo Hooligansestán a axudar ao noso persoal sanitario da maneira que poden.

O pasado mércores 25, os ‘Celta Vigo Hooligans’, achegáronse ao hospital de Povisa para levarlle comida e bebida a todo o persoal sanitario. “Queremos agradecer ao persoal sanitario o seu esforzo e dedicación nestas duras xornadas”, sinala o grupo nun comunicado ao que tivo acceso Xornal de Vigo e engaden, “nun mundo movido polos intereses, onde sempre se maltratan aos mesmos, nós sabemos quen nos coida”.

Ademais, “estamos organizando doazóns de material sanitario para os hospitais que o precisen”, relata un membro deste colectivo e manifesta que están a negociar co Concello “doazóns para a xente sen recursos do pavillón do Berbés”.

UN CROWFUNDING PARA A SANIDADE PÚBLICA

Por outra banda, o grupo de siareiros de ‘Tropas de Breogán organizou un crowfunding. Teñen o obxectivo de “recadar fondos que nos permitan
axudar a aliviar as urxentes necesidades sanitarias de distintas residencias, centros e asociacións a nivel local a pequena escala”, sinalan nun comunicado.

Ademais, lanzan a súa forza “a tódalas persoas traballadoras e voluntarias que se están deixando a pel nesta loita“. A campaña durará 7 días, xa ten case 100 doantes e busca chegar ao 3000 euros. Se queres participar neste crowfunding, podes facelo a través deste enlace.

ÚLTIMAS

Falece un traballador en Mos tras caer desde altura na parroquia de Sanguiñeda

Un traballador faleceu este mércores no municipio pontevedrés de Mos tras precipitarse ao baleiro...

Vigo traslada a gala da Reconquista ao Auditorio Mar de Vigo para ampliar o aforamento

O Concello de Vigo ultima os preparativos para a gala da Reconquista, que se...

O Celta busca un talismán contra o Real Madrid; a camisola celeste que luciu Madonna no 1990

O Real Club Celta puxo en marcha unha rechamante iniciativa co fin de localizar...

Aqualia confirma metais pesados na auga da traída municipal da parroquia de Beade, en Vigo

A Xunta de Galicia notificou ao Concello de Vigo e á empresa concesionaria Aqualia...