InicioSociedadeAplausos para o paciente 0 de Vigo tras abandonar a UCI

Aplausos para o paciente 0 de Vigo tras abandonar a UCI

O paciente 'cero' do Hospital Álvaro Cunqueiro, en Vigo, abandonou este mércores a UCI e foi trasladado a planta entre aplausos de profesionais sanitarios do centro.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O paciente ‘cero’ do Hospital Álvaro Cunqueiro, en Vigo, abandonou este mércores a UCI e foi trasladado a planta entre aplausos de profesionais sanitarios do centro. As autoridades sanitarias confirmaron o traslado a planta do paciente e por redes sociais circula un vídeo no que se ve como este paciente, un transportista de Moaña (Pontevedra), cuxa muller e o fillo dela tamén foron contaxiados, saíron da UCI entre aplausos dos profesionais.

Aínda que acudira ao hospital previamente –o 28 de febreiro–, afectado de dor de costas, este home foi ingresado no Álvaro Cunqueiro o pasado 1 de marzo, cando si lle detectaron unha pneumonía.

Entón foi ingresado no hospital, aínda que inicialmente non illado, dado que “non cumpría criterios” segundo os protocolos vixentes nese momento. O home permaneceu ingresado nunha área convencional ata que poucos despois fíxoselle unha primeira proba no Álvaro Cunqueiro, que deu positivo a coronavirus, o que determinou que tanto el como a súa muller, que se atopaba acompañándoo, fosen postos en illamento. O fillo dela, de 15 anos, tamén deu positivo en Covid-19.

ÚLTIMAS

Vigo marchou dividido nas protestas do 25N

Miles de persoas saíron á rúa este mércores en Vigo para expresar a súa...

O barco de Greenpece máis efeciente leva o selo vigués

Trátase dun veleiro de 75 metros cuxo deseño sitúa no centro a propulsión eólica...

Sindicatos convocan unha concentración este venres en Vigo no marco da folga do sector da perfumaría

Comisións Obreiras (CC.OO.) e UXT convocaron este venres en Vigo unha concentración no marco...

Un coche arde na AP-9 á altura de Peinador e provoca novas retencións quilométricas en Vigo

A AP-9 volveu rexistrar importantes problemas de circulación este mércores, 25 de novembro, tras...