InicioEconomíaA Xunta celebra o descenso do paro e expresa o seu desexo...

A Xunta celebra o descenso do paro e expresa o seu desexo de que continúe “a recuperación económica”

PUBLICADO O

- Advertisement -

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que evitou pronunciarse sobre o seu futuro político e o de Mariano Rajoycelebrou este luns os datos de descenso do paro, e recalcou que “Galicia volve estar entre as Comunidades Autónomas con maior descenso” no número de desempregados, o que é “unha gran noticia”.

O titular do Executivo galego fixo esta reflexión durante a súa intervención ante os medios con motivo dunha visita ás obras da nova Cidade da Xustiza en Vigo.

Así, lembrou que, con respecto a maio de 2017, hai unhas 22.900 persoas menos “apuntadas ás listas do paro” e, “o que é máis importante”, hai máis de 26.700 novos afiliados á Seguridade Social no último ano. “Iso acredita que en Galicia baixa o paro de forma máis intensa que na media de España”, sinalou, e expresou o seu desexo de que “siga a recuperación económica”.

A ese respecto, apuntou que a comunidade galega leva “dez trimestres crecendo por enriba do 3 por cento” e que se está ante “unha recuperación económica importante”.

ÚLTIMAS

O feminismo vigués convoca unha manifestación o 8M baixo o lema ‘Fronte ao medo e o fascismo, a resistencia é feminismo’

A plataforma Resposta Feminista – As que miran lila chamou a saír ás rúas...

O Festival de Cans supera os datos da pasada edición, con 235 obras inscritas

O Festival de Cans, que celebrará o seu XXIII edición na aldea de Cans...

Mar remata as mostraxes nos bancos marisqueiros da ría de Vigo para avaliar o impacto dos temporais e da baixada da salinidade

A Consellería do Mar concluirá este venres as mostraxes nos bancos marisqueiros da ría...

Falece un traballador en Mos tras caer desde altura na parroquia de Sanguiñeda

Un traballador faleceu este mércores no municipio pontevedrés de Mos tras precipitarse ao baleiro...