InicioSucesosDetida en Vigo unha condutora por circular de modo temerario e losquear...

Detida en Vigo unha condutora por circular de modo temerario e losquear a un axente

O suceso ocorreu na Avenida Castelao.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron unha condutora que circulou de modo temerario e que mantivo unha conduta agresiva e ofensiva cando foi interceptada por unha dotación do 092, chegando mesmo a losquear a un axente.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron a pasada medianoite, cando o 092 recibiu o aviso dun condutor que ía pola Avenida Castelao, e observaba como o vehículo que lle precedía circulaba facendo zigzag, freando bruscamente e dando marcha atrás, pondo en risco a seguridade.

Unha dotación de Policía localizou o coche sospeitoso, conducido por unha muller, no cruzamento coa rúa Estrada e déronlle o alto. Con todo, a condutora fixo caso omiso das indicacións dos axentes e, sacando unha man polo portelo (co índice e o meñique estendido, pondo os ‘cornos’) subiu o volume da música e acelerou.

A muller foi finalmente interceptada na Praza de América, pero mantivo unha conduta agresiva e provocadora en todo momento cara aos axentes que trataban de identificala. A condutora negouse a colaborar cos policías e, cando un deles a instou a que moderase a súa conduta, esta respondeu propinándolle unha labazada.

Cando tentou losquear ó axente por segunda vez, foi inmobilizada e detida por un suposto delito de atentado contra axente da autoridade.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...