InicioSociedadeUn estudo universitario constata que a maioría de graduadas enxeñeiras perciben discriminación...

Un estudo universitario constata que a maioría de graduadas enxeñeiras perciben discriminación no mercado laboral

Só un 2% afirmou non percibir discriminación de xénero no seu posto de traballo, mentres que o resto referiu situacións de 'ninguneo profesional' (un 54,1 %), brecha salarial (47,5 %), dificultades para promocionar (45,9 %) e acoso sexual por razón de xénero (14,8 %).

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un estudo elaborado ao amparo da Cátedra Feminismos 4.0 da UVigo, constatou que a inmensa maioría das mulleres tituladas no ámbito das enxeñarías perciben discriminación por razón de xénero ao chegar ao mercado laboral.

Así se reflicte neste informe, presentado este mércores polos seus autores (investigadores da institución académica viguesa), e realizado a partir de máis de medio milleiro de enquisas a graduados en diferentes titulacións do ámbito das enxeñarías que se imparten na Universidade de Vigo (Enxeñaría de Minas e Enerxía, Telecomunicacións, Industriais e Forestais), que se incorporaron ao mercado laboral e das que un 33% eran mulleres.

Das mulleres que responderon o cuestionario, só un 2% afirmou non percibir discriminación de xénero no seu posto de traballo, mentres que o resto referiu situacións de ‘ninguneo profesional’ (un 54,1 %), brecha salarial (47,5 %), dificultades para promocionar (45,9 %) e acoso sexual por razón de xénero (14,8 %). Da enquisa tamén se extrae que, pola súa banda, é moito maior a porcentaxe de homes que afirma non detectar esa discriminación por razón de xénero (un 68 %).

Por outra banda, o estudo pon de manifesto que son as mulleres as que apuntan a necesidade de medidas de conciliación para conseguir maiores cotas de igualdade. A investigación forma parte dun proxecto sobre rendemento académico e gradación de mulleres nas titulacións de enxeñaría da UVigo, e que tamén analizou aspectos relacionados co ingreso nas carreiras, ou o desenvolvemento dos estudos.

Así, os investigadores comprobaron que hai un estancamento na proporción de mulleres matriculadas neses estudos (un 22% en titulacións adaptadas ao Espazo Europeo de Educación Superior e un 25% nas antigas LRU). Aínda así, hai titulacións nas que o número de mulleres é maior, como Enxeñaría Química.

No entanto, e a pesar de estudar nun ambiente masculinizado, as mozas que cursan graos de enxeñaría mostran, segundo o estudo, un rendemento académicos máis satisfactorio que os homes.

ÚLTIMAS

Caballero: “A sanidade de Vigo vive a situación máis calamitosa da historia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu denunciar este martes a "situación calamitosa" da...

Acepta dous anos de prisión por encerrar cunha cadea e maltratar ao fillo adolescente da súa parella en Vigo

Unha muller aceptou dous anos de cárcere por encerrar no seu cuarto cunha cadea...

Stellantis Vigo habilita 29 mesas para as eleccións sindicais: estes son os horarios por quendas

A factoría viguesa de Stellantis habilitará ata 29 mesas electorais para facilitar a participación...

O BNG de Vigo denuncia unha “crise de emprego” na cidade e lamenta a ausencia de políticas do goberno local

O BNG de Vigo alertou este martes sobre a "preocupante e insostíbel" realidade do...