InicioEconomíaA Xunta traslada a empresarios de Vigo as virtudes do sector primario...

A Xunta traslada a empresarios de Vigo as virtudes do sector primario galego

A preguntas dos medios sobre a crise do coronavirus, José González constatou que a epidemia non está a ter "afectación" no sector primario, aínda que hai "preocupación".

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta trasladou a empresarios de Vigo as potencialidades do rural galego como destino de investimentos e como sector “con moito futuro”, que pode xerar nos próximos anos máis de 15.000 postos de traballo e pode actuar como “mecanismo para loitar contra o despoboamento”.

Explicouno en declaracións aos medios, o conselleiro do Medio Rural, José González, durante a súa visita ao ‘Galician Market Place’ organizado polo Círculo de Empresarios de Galicia na cidade de Vigo.

O conselleiro puxo en valor esta iniciativa dos empresarios, que permite expor os produtos galegos “de calidade diferenciada”. Confirmou que un dos obxectivos da súa visita é falar a estes empresarios “das claves económicas do rural galego”.

A ese respecto, lembrou que “a Xunta aposta por un rural rendible, con valor engadido” e así quere que o vexa o sector empresarial, como unha oportunidade de investimento. “Exporemos datos moi alentadores, fixemos un estudo coa universidade que di que a posta en valor da nosa terra pode xerar 15.000 postos de traballo en Galicia”, apostilou. “O sector primario ten moito futuro, e é un mecanismo para loitar contra o despoboamento e revitalizar o rural desde un punto de vista demográfico”, incidiu.

Finalmente, e a preguntas dos medios sobre a crise do coronavirus, José González constatou que a epidemia non está a ter “afectación” no sector primario, aínda que hai “preocupación”. En todo caso, engadiu, a Xunta, “de forma prudente”, anunciou xa medidas “moi rigorosas”, e pediu “tranquilidade, porque se están facendo ben as cousas”.

ÚLTIMAS

O PP reprocha a Caballero que presuma de “potencia turística”

A presidenta do PP de Vigo e portavoz municipal 'popular', Luisa Sánchez, reprochou este...

A CIG convoca folga do Metal de Pontevedra para o 7 de maio pola falta de avances no novo convenio

O sindicato CIG avanzou este martes a convocatoria de folga no sector do Metal...

O Sergas garante asistencia a quen deixe Povisa e escolla o Cunqueiro

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, subliñou que se “dará resposta” ás necesidades...

O BNG carga contra Concello e Xunta polo desaloxo de Beiramar: “Máis de vinte persoas seguen na rúa”

O BNG de Vigo denunciou este martes que, unha semana despois do desaloxo da...