InicioSociedade(Vídeo) Coñece o Dino, a moeda de Vigo que queren poñer en...

(Vídeo) Coñece o Dino, a moeda de Vigo que queren poñer en circulación

Pola outra cara da moeda teñen ao famoso dinoseto.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Taller Cascabel, un obradoiro que se atopa na rúa do Príncipe, leva meses tentando “oficilizar” unha moeda de Vigo. Xa ten nome, o Dino, e queren que o concello faga oficial a súa circulación.

A moeda é de prata, e ten nunha cara o famoso Dinoseto e, pola outra, a do sireno. De feito, tiveron que modificar a peza orixinal, que levaba a cara do rexedor, Abel Caballero, caracterizado coma un rei, tras ser rexeitada pola Alcaldía de Vigo.

Tras este rexeitamento activaron unha petición na plataforma change.org para poder “disfrutar desta moeda en agradecemento á labor que está realizando por Vigo e por ser unha persona tan entrañable e cercana”. Pero o chamamento non surtiu efecto.

Por iso, o taller decidiu modificar a moeda e cambiar a faciana de Abel Caballero pola do sireno.

“Propúxenllo á Alcaldía como homenaxe a Vigo, pero por varios motivos pois non se puidemos facer esta edición. Así que, cambiei a cara de Abel polo sireno, que tamén é un elemento destacado da cidade”, di Raquel Álvarez, xoieira.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...