InicioEconomíaÁbalos ficha un directivo vigués de Ineco para a Dirección Xeral de...

Ábalos ficha un directivo vigués de Ineco para a Dirección Xeral de Planificación Ferroviaria

Trátase de Casimiro Iglesias, de 61 anos de idade e enxeñeiro de camiños, que conta cunha ampla traxectoria no Departamento, primeiro no Ministerio e, posteriormente, en Ineco.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Goberno designou a Casimiro Iglesias (Vigo, 1959), actual director de Negocio Nacional de Ineco, para que se poña á fronte da nova Dirección Xeral de Planificación e Avaliación da Rede Ferroviaria do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana.

A nova Dirección Xeral, ‘herdeira’ da ata agora Dirección Xeral de Ferrocarril, é froito da nova política do Ministerio, máis centrada na mobilidade e o transporte que na construción de novas infraestruturas.

O novo director xeral, de 61 anos de idade e enxeñeiro de camiños, conta cunha ampla traxectoria no Departamento, primeiro no Ministerio e, posteriormente, en Ineco, a consultora pública dependente do mesmo.

No ata agora denominado Ministerio de Fomento, Casimiro Iglesias ocupou entre 1994 e 2009, entre outros cargos, os de director técnico da Subdirección Xeral de Plan de Infraestruturas, xefe do Gabinete Técnico do Secretario Xeral de Infraestruturas ou o de director xeral de Planificación e Coordinación Territorial.

En 2009 Iglesias incorporouse a Ineco onde, desde 2018, exercía como director xeneral de Negocio Nacional. Previamente, ocupou os postos de director de Consultoría, de director de Negocio Intermodal, e de Negocio Aeronáutico e Intermodal, entre outros.

ÚLTIMAS

Falece Gonzalo Caballero Álvarez, irmán do alcalde de Vigo e pai do exlíder do PSdeG e

Gonzalo Caballero Álvarez, pai do exsecretario xeral do PSdeG Gonzalo Caballero Míguez e irmán...

Un choque de dúas lanchas remata con dous feridos en Baiona

Dúas lanchas motoras chocaron este mércores no porto deportivo de Baiona e deixaron dúas...

A Universidade de Vigo aproba o convenio para descentralizar Medicina baixo a ameaza dunha “cláusula de saída”

O consello de goberno da Universidade de Vigo (UVigo) aprobou este martes por asentimento...

Dúas persoas feridas nun choque entre dúas lanchas motoras no porto de Baiona

Dúas persoas resultaron feridas este mércores ao chocar dúas lanchas motoras en Baiona, segundo...