InicioCulturaA veciñanza de Bouzas organiza un entroido independente ao do Concello de...

A veciñanza de Bouzas organiza un entroido independente ao do Concello de Vigo

A celebración autoxestionada terá coma gran novidade o enterro da Rincha o sábado 29.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Asociación Cultural da Vila de Bouzas festexará o entroido sábado 22 e o 29. A festa, estará ambientada nos anos 20 na Alameda do barrio “con música, pintacaras, photocal e un gran concerto co grupo La Mafia” sinala a veciñanza nun comunicado de prensa.

Por outra banda, a celebración autoxestionada terá coma gran novidade o enterro da Rincha o sábado 29. A escultura a enterrar como acto simbólico é obra do artista vigués Ramón Trigo. “É todo independente aos eventos organizados polo Concello de Vigo” subliñan os veciños.

Por último, Xurxo Souto dará lectura ao testamento do peixe. “Como no entroido de sempre, a crítica social e a retranca estará presente nas coplas e no testamento. Farase fincapé en todo o que está a acontecer no barrio de Bouzas e na cidade de Vigo” sinala Paz Cardoso, a presidenta da Asociación Cultural

ÚLTIMAS

Detido un home por tentar cravarlle un coitelo ao seu compañeiro de piso

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 51 anos de...

Sanidade inspecciona o servizo de Dermatoloxía de Povisa tras as denuncias por falta de especialistas

A Consellería de Sanidade realizou unha visita de inspección ao servizo de Dermatoloxía do...

A meteoroloxía obriga a desviar tres voos con destino Peinador

Tres voos que tiñan previsto aterrar no aeroporto de Peinador, en Vigo, foron desviados...

Caballero acusa á RFEF e ao PP de vetar a Vigo como sede do Mundial 2030

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reiterou este martes as súas acusacións contra o...