InicioSucesosArquivado o caso da explosión provocada por un home na casa da...

Arquivado o caso da explosión provocada por un home na casa da súa exparella en Chapela, na que morreron os dous

PUBLICADO O

- Advertisement -

O xulgado de instrución número 2 de Redondela (Pontevedra) decretou o sobresemento e arquivo das actuacións abertas por mor dunha explosión provocada por un home na casa da súa exparella na parroquia de Chapela, e na que morreron ámbolos dous.

Segundo informaron fontes xudiciais, despois das dilixencias practicadas, confirmouse que foi o home, Emilio F.C., o que provocou a deflagración, “sen que aparecesen indicios da participación dunha terceira persona”. Ao falecer o presunto autor dos feitos, declárase o sobresemento libre.

Este episodio de violencia machista tivo lugar na tarde noite do 20 de febreiro de 2017, cando se produciu unha gran explosión nunha vivenda unifamiliar do Camiño Pousadoura, na parroquia redondelana de Chapela. A deflagración causou danos importantes na estrutura da casa, e causou a morte de quen provocou dita explosión, un home de 47 anos de idade, e da súa exparella, que vivía nesa casa, María José M.G., de 50 anos.

Os bombeiros atoparon restos de bombonas de butano manipuladas e un bidón de gasolina, e todo indicaba que Emilio F.C. “tiña todo preparado” para provocar o fatal desenlace, segundo chegou a sinalar no seu día o delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva.

No momento do suceso, só a muller e a súa exparella estaban na vivenda. Ambos tiñan en común un fillo menor de idade, que quedou ao cargo de familiares.

ÚLTIMAS

Centos de médicos reclaman en Vigo un estatuto propio: “Non queremos atendervos mal nin con pouco tempo”

Centenares de médicos saíron á rúa este xoves en Vigo para pedir un estatuto...

Ultimato de Caballero á Deputación para a firma do convenio para a piscina de Teis: “Xa non fago paripés”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, expuxo este xoves un ultimato á Deputación de...

‘Gargallada Científica’, científicos da UVigo con alma de divulgadores e corazón de contacontos

Empregar o humor sen renunciar ao rigor, e facelo en galego. Esta é a...

Pontón esixe á Xunta mercar Povisa: “Na sanidade privada non ven pacientes, ven clientes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, urxiu unha vez máis a compra do...