InicioSociedadeO IES de Valadares en Vigo implantará Bacharelato desde o próximo curso

O IES de Valadares en Vigo implantará Bacharelato desde o próximo curso

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, evita pronunciarse sobre a universidade privada de Abanca.

PUBLICADO O

A consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional implantará de forma progresiva, a partir do curso 2020-21, o ensino de Bacharelato no IES de Valadares, en Vigo, coas liñas de Bacharelato Científico-Tecnolóxico e Bacharelato de Artes.

Así o confirmou a conselleira Carmen Pomar, durante unha visita realizada a este centro, con motivo da inauguración da remodelada biblioteca e sala de lectura do instituto.

Con esta medida, resaltou a conselleira, dáse resposta a unha “demanda histórica” desta comunidade educativa e permítese, ao mesmo tempo, ampliar a oferta de prazas na modalidade de Bacharelato de Arte, xa que só dous centros públicos de Vigo o ofrecen (o IES Alexandre Bóveda e o IES Politécnico). “É moi demandado, de feito, hai lista de espera”, lembrou.

Á marxe de sumar alumnos no IES de Valadares (50 entre as dúas modalidades de bacharelato o primeiro curso), Carmen Pomar sinalou que se incrementarán “os recursos necesarios” para que, ademais de ser centro de referencia de ESO, “se convirta tamén en centro de referencia de bacharelato para Vigo”.

UNIVERSIDADE DE ABANCA

Doutra banda, Carmen Pomar, lembrou que a tramitación para a implantación dunha universidade privada en Galicia, auspiciada por Abanca, continúan sen que se producira “nada novo”, e insistiu en que, “neste momento”, é o Ministerio de Universidades o que ten que emitir informe respecto diso.

Así o manifestou a conselleira a preguntas dos medios, que eludiu pronunciarse sobre as declaracións do presidente de Abanca, Juan Carlos Escotet, que este martes se mostraba “sorprendido” polas críticas dos reitores galegos a esa universidade privada xa que, ao seu xuízo, é “compatible” co sistema público.

“Non imos entrar nas apreciacións que poida facer o señor Escotet. O que sempre dixen é que é moi lícito que os reitores das tres universidades públicas galegas teñan certo receo ante a aparición dunha nova universidade, neste caso privada”, recalcou Carmen Pomar, quen incidiu en que, no entanto, “é un procedemento longo, que ten os seus trámites e que teñen que estar cumpridos en tempo e hora”.

Nese sentido, repetiu que agora é o Ministerio de Universidades o que, a través dunha conferencia sectorial, ten que remitir “informe favorable ou desfavorable”.

ÚLTIMAS

Traballadores de ambulancias de Vigo, Cangas e Moaña: “Á Xunta só lle interesa prestar un servizo o máis barato posible”

Traballadores da empresa Ambulancias do Atlántico, concesionaria do servizo de transporte sanitario e urxente en...

O Concello de Vigo fala de decisión técnica sobre a paralización da talla da Falperra e non de presión veciñal

O Concello de Vigo remitiu este xoves un comunicado aos medios no que asegura...

Un home resulta ferido grave ao botarse desde un cuarto piso en Vigo

Efectivos do 061 trasladaron a un home que resultou ferido grave tras precipitarse desde...

Unha concentración de veciños na rúa Falterra logra impedir a talla de acacias negras programada polo Concello

Membros da plataforma Amigas das Árbores e outros colectivos veciñais e ecoloxistas concentráronse este xoves na...