InicioSociedadeO PP de Vigo denuncia que 24 novos Policías Locais prestan servizo...

O PP de Vigo denuncia que 24 novos Policías Locais prestan servizo sen tomar posesión da súa praza

PUBLICADO O

- Advertisement -

O grupo municipal do PP no Concello de Vigo denunciou este martes a “situación irregular” de 24 axentes da Policía Local, que están a prestar servizo “sen tomar posesión da súa praza”.

A través dun comunicado, o portavoz do grupo, Alfonso Marnotes, explicou que estes aspirantes a policías finalizaron o seu período de prácticas en decembro de 2019 e que deberían de tomar posesión da súa praza en xaneiro deste ano. “A 28 de xaneiro aínda non o fixeron, co que non son axentes en prácticas nin funcionarios de carreira“, engadiu.

O edil ‘popular’ preguntou á concelleira de Seguridade, Elena Espinosa, cal a situación administrativa destes axentes, e que pasaría se exercesen algunha intervención que supoña exercicio de autoridade. “Que norma legal ampara facer isto?Como é posible que estean a traballar na vía pública sós, sen a tutela dun policía de carreira, exercendo autoridade?”, cuestionou.

Segundo o portavoz do PP, os aspirantes a policías están a realizar funcións policiais “sen a dotación de seguridade regulamentaria”, algo “gravísimo” que “non sucede en ningunha cidade de España”. “E isto pasa porque quen ten que exercer a responsabilidade, isto é a concelleira de Segurida, está desaparecida”, sentenciou.

ÚLTIMAS

A Plataforma fronte á Masificación Turística pide unha moratoria de licenzas para VUT

A Plataforma fronte á Masificación Turística de Vigo e O Morrazo dirixiuse por carta...

O PP de Vigo pide a Caballero que deixe as “ambigüidades” sobre a biblioteca de Teis

O grupo municipal do PP no Concello de Vigo esixiu ao alcalde, Abel Caballero,...

O BNG volve pedir a retirada do busto de Juan Carlos I da entrada do Concello de Vigo

O BNG de Vigo volveu a reclamar este luns a retirada "permanente e definitiva"...

Detido en Vigo por ameazar cun coitelo a outro home durante unha pelexa

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 25 anos de...