InicioCulturaO cantante 'Sting' actuará en Vigo en agosto

O cantante ‘Sting’ actuará en Vigo en agosto

O antigo membro de 'The Police' actuará na cidade olívica, segundo confirmou o alcalde.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Gordon Matthew Thomas Sumner, máis coñecido polo seu nome artístico ‘Sting’ e por ser o antigo cantante da banda británica ‘The Police’ actuará no auditorio de Castrelos de Vigo o próximo 1 de agosto deste ano. Formará parte da xira ‘My Songs’ que está a facer agora mesmo en EUA.

Así o confirmou o alcalde da cidade, Abel Caballero esta mañá. O cantante con 17 grammys formará parte das ‘Festas de Vigo’. “Será unha actuación estelar e magnífica” asegurou o rexedor vigués. “Xa avisaremos da hora da actuación e do método de obtección de entradas, aínda queda tempo” prometeu ante os medios.

En ‘My Songs’ aparecen algunhas das clásicas cancións do coñecido grupo, coma ‘Every Breath You Take’.

ÚLTIMAS

Vigo activa a prealerta por seca e restrinxe o uso da auga en baldeos, regos, fontes e duchas das praias

O Concello de Vigo activou a situación de prealerta por seca e adoptou medidas...

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...